Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel María para aprender Galicia e o mundo

miércoles, 11 de mayo de 2016
Metidos de cheo na semana das nosas letras non podo deixar de facer unhas verbas a Manuel María. Manuel María é un deses poetas que a min me gusta chamar “de dormitorio” porque ante un desasosego ou un desvelo cómpre telo preto. Isto retrata a un home profundamente emocional que deixou en verso espellos de distintos estados de ánimo polos que toda persoa transita.

Ademais desta apreciación subxectiva quería facer fincapé na idea de que a poesía do Manuel é profunda e intencionalmente pedagóxica, empezando polo “Terra Cha” de 1954 onde fica retratado de maneira poliédrica, ordenada e vivencial o rural galego. Este é o primeiro libro de Manuel que deixa ver esa intencionalidadepero o certo é que se converterá nunha constante na súa obra. Neste sentido tamén se poden citar “Os soños na gaiola” (1968) ou “As rúas do vento ceibe“ (1979) onde Manuel María se dirixe aos nenos galegos para explicarlles como é Galicia física e espiritualmente.

A pedagoxía de Manuel María chega tamén ao mundo dos adultos en forma de compromiso ético, cívico e político. Unhas veces con versos de firmeza como en “Cantos rodados para alleados e colonizados” (1973) ou“Poemas para construír unha patria” (1976) e outras botando man da retranca como en “Odas para un tempo de paz e ledicia” (1973).

Por outra parte non se debe esquecer a implicación que o autor tivo tanto no proceso de normalización lingüística como na introdución do galego no ensino.
Manuel María e un poeta multidisciplinar que garda moitas lecturas por facer e moitas aprendizaxes que transmitir. Polo tanto cómpre traballalo dende as distintas perspectivas académicas como unha testemuña diáfana, singular, orixinal e pura dun tempo que nos precede e que explica boa parte dos “porqués” do noso tempo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES