Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Traxicomedia politiqueira

lunes, 09 de mayo de 2016
Un noso vello amigo, bó coñecedor dese submundo, dí que os partidos políticos son caldo de cultivo dos episodios mais virulentos no desencontro entre as persoas, onde se escenifica o amor/odio cos efectos mais sañudos. A rotura das parellas políticas, tan prodigadas, cando ambos membros perseguen idénticos obxetivos e só hai praza para un, pode ter un final dramático, resultas da paixón que os dous senten pola noiva pretendida, coa que están dispostos a todo, pero non renuncian a deitarse con ela a cotío; rutura ineludible!.

No eido público, dende hai moito tempo, (¿dende sempre, acaso.?), estamos a vivir, en tódolos niveis de tódalas cores, unha ringleira inacabable de episodios que entroncan co suposto que antecede, e leva a considerar os posibles paralelismos con outros amores, reais ou ficticios, dos que da boa conta a literatura universal.

Porque, tamén traumáticos, pero mais románticos, foron os de Calixto e Melibea, da Celestina, figura malévola, sempre presente nos entramados políticos; os Amantes de Teruel; Romeo e Julieta; don Juan Tenorio e dona Inés ou do rei don Pedro de Portugal que, tras a morte da galega Inés de Castro, a coroou Raíña…

É frecuente que os amores apaixoados, os “amoríos”, rematen de forma traumática; non estamos pois ante un feito novidoso. Algo semellante atópase no mundo da ficción: en Cyrano de Bergerac, por exempro; él e Cristian, un soldado da súa Compañía, amaban á mesma muller, Roxana. Cristian, mais xove, guapo, pero sen talento, finou guerreando. Cando Cyrano, poeta, feo e mais vello morreo, Roxana decatouse que era él quen escribía as cartas amorosas que aquél lle enviaba; quen, en realidade, a namoraba, e descubríu que nun só amaba a dous, e así o expresou ó morrer o poeta: ”Amei a un home e o perdo por segunda vez…”

Nada ten que ver o relato que antecede, co amor bucólico, puro e desinteresado de Martiño e Rosa en “A Virxe do Cristal” de Curros Enriquez. Cando él, sen motivo, dubidou da fidelidade de Rosa, ésta ingresou, de por vida, nun mosteiro. Os actores da traxicomedia política á que aludimos, de tan nefasto proceder, pola contra, seguen a representar, sen ruborizarse sequera, a vergoñenta peza teatral. Todo un penoso exempro para os aprendices de político aos que os veteranos “mestres” amosan o camiño; por iso nunca a xeira remata… Penoso!.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES