Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempos difíciles?

jueves, 05 de mayo de 2016
Non últimos anos da miña vida, levo oído falar máis da crise económica que en todos os sesenta restantes.
¿Por qué será?
¿SERÁ PORQUE HOXE EN DÍA COSTA MOITO CRIAR UN FILLO?

Se pudieran ergue-la cabeza os nosos antepasados que viviron a guerra…
¿Qué nos dirían?

-Que moitos pasaron fame…
¿Canto se tira hoxe ós contenedores?
Certo que hai algunhas persoas que aínda rebuscan no lixo, pero a maioría tira, ou tiramos. E moito…

-Que andaban coa roupa remendada…
¿Cantos remendados se ven hoxe polas nosas rúas?

Aínda hai quen anda cos pantalóns rachados por gusto e porque están de moda.

-Que se gastaban os zapatos ata que caínan de vellos: levábanse ó zapateiro a botar unhas solas novas e cando medraba o pé da criatura, abríaselle un boquete por diante para que puidera saca-los dedos.

-Que tiñan que faltar moito á escola porque había que ir
coas vacas, busca-lo leite polas casas, vender pinaretas a Betanzos…a pé, ida e volta.
¿Cantos faltan actualmente á escola?
É posible que late algún ou que falte por causa xustificada,
pero nada máis.
¿Cantos andan hoxe a pé máis de un quilómetro?

-Que moi poucos acadaban os estudios primarios e os superiores moitos menos.
¿Cantos consiguen agora o graduado en Ensino Secundario Obrigatorio?
A maioría.
Hai algúns casos que non poden pero outros non queren.
¿Cantos van agora á Universidade?
Moitos fillos de familias humildes e de clase media sen contar cos ricos.

¿SERÁ PORQUE A VIDA ESTÁ MOI CARA?

¿Canto tiñan que aforrar unha familia da Galicia Rural nos anos cincuenta para comprar un traxe, unha vaca, ou sencillamente para paga-la contribución ou face-la festa do patrón ?
Moito.


¿Cantas horas traballaban os labregos para levar un bocado de pan á boca?
Traballaban de sol a sol, os trecentos sesenta e cinco días do ano e desde que tiña uso de razón ata que caían de pé?

-¿Cando podían viaxar para coñecer mundo?
Practicamente nunca.

-¿Cantos podían paga-la Seguridade Social Agraria para ter unha xubilación?
Moi poucos.

E no mundo obreiro…
¿Cantos chegaban a fin de mes?
Os que se administraban con moita estreitura.
¿Canto se fiaba nas tabernas do momento?
Moito.
Lembro ós tendeiros coa libreta na man apuntando o que debía cada cliente.

¿Canto aceite se botaba ós guisos?
Moi pouco.
Coñecín un señor que me contaba que na súa casa botaban o aceite na tixola cunha palla.
¿Imaxínase canto aceite se pode coller cunha palla?

¿Cando se comía carne de tenreira?
Case nunca.
Pouca de polo, algunha de porco e moi pouca de coello.

Non vou a seguir porque a persoa que me le vai pensar que son unha muller prehistórica, pero non.
Nacín entrando na segunda metade do século XX, no seo dunha familia humilde, pero normal, como outras moitas.

Hobo nenos que se criaron con máis abundancia ca min,
outros, máis ou menos e algúns, peor, bastante peor.

Daquela non tiñamos tempo para falar da crise, vivíamos a crise con toda a súa dureza e loitábamos por saír dela.
E saímos.
Daquel bache saímos.
A ver agora se saímos deste…

As persoas da miña xeración, saímos adiante a base de moito traballo:

-Axudamos a mellorar o nivel socio-cultural do país ata acada-lo benestar que temos hoxe en día porque tiñamos moi claro que a vida é dura e hai que sacrificarse moito para conseguir unha vida digna.
E aínda direi máis: con tanta ignorancia e con tanta estreitura tiñamos uns valores que moitos desexarían ter hoxe en día:

Axudábamos ós veciños de xeito complemente altruísta e gratuito. Eu teño ido polas portas preguntado se precisban algo da taberna.

Solidarizábamonos cos necesitados: daquela había moitos mendigos que pedían casa cuberta para dormir. Na miña casa teñen dormido moitos cando eu era unha nena.

-Respetábamos ós superiores: pais, mestres, curas, autoridades…
Tratábamolos sempre coa cortesía debida. Daquela dicíase que se debía tratar con respeto as persoas maiores en idade, en dignidade e en goberno.
¡Cantos problemas de respeto non hai hoxe en día!
Fáltaselle ó respeto aos pais, aos mestres, aos médicos, aos curas…etc, etc.
Falta ó respeto ata as persoas máis íntimas.
¡Se as paredes falaran..!

-Aprendíamos normas de urbanidade: cando lle caía algo ó chan a calquera, baixábamonos a recollelo con presteza.
Aínda hoxe en día o facemos algunahs persoas e conste que nolo agradecen, porque a cortesía non pasa de moda.

-Cedíamos o asento no autobús ás persoas maiores, ás embarazadas, ós anciáns… A idade era un grao e a veteranñía, outro.
Hoxe en día presumimos de ser todos iguais como se todo o monte fora ourego.
Todos sabemos…
Todos entendemos…
Todos…
Así nos vai.

“ASÍ NOS VAI”
Este será o titulo do seguinte artigo.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES