Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A necesaria independencia do PP de Galicia

lunes, 20 de noviembre de 2006
Rajoy tivo experiencia de gobernación en Galicia, pero eso é pasado. Logo foi o herdeiro de Aznar e, por ahora, segue a ser a “Gran esperanza branca” do centro-dereita de España. A derrota do 14M, non o afectou de forma importante porque as eleccións perdeunas Aznar, a guerra de Irak, o Prestige e as circunstancias.
Agora Rajoy segue a patronear o PP, onde ás veces medran os enanos, se desbordan os conflictos ou lle editan un video que lle estoupa nos dentes.

E Rajoy faría moito ben en supervisar os asuntos nacionais e deixar ós dirixentes galegos facer o seu traballo.

Porque a recente inxerencia deixa quedar en mal lugar a Núñez Feijoo que, polo de agora, é o seu máximo representante nesta comunidade.

Núñez Feijjoo pode non ter moito carisma pero hai que recoñecerlle formación e gañas para facer o seu traballo. E precisa independencia para facelo. Bastante ten dentro para ter que soportar o que de fóra - de arriba, de Madrid - lle ven.

Se Núñez Feijóo atopa en diálogo fecundo con Psoe e Bng unha definición parecida á de realidade nacional, perfecto. Porque non pode ser que un histérico rexeitamento da palabra “nación”, que non significa máis ca o que queira atribuírselle, interrumpa o Estatuto, un proceso case constitucional e no que – aínda que non sexa prioridade para a maioría dos galegos – tantas miradas e atención están postas.

Ben fara Rajoy en atender o que ten a nivel nacional ou estatal. Deixe ós galegos do PP gobernarse e camiñar. As tutelas son moi malas e o PP galego xa é maior de idade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES