Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aproveitando recursos

jueves, 28 de abril de 2016
Cando falamos con persoas en idade senil, escoitamos con certa frecuencia que elas non tiveron recursos para prepararse como lles gustaría nin para levar unha vida digna.

Desde moi noviñas tiñan que colaborar nos labores da vida rural ou poñerse a traballar de pinches ou criados no que fora se vivía nunha urbe.

Cónstame que das persoas da miña xeración moi poucas tiñan posibilidade de acudir á escola primaria diariamente.
De feito vivo nunha zona na que temos o “privilexio” de acudir á UNED Sénior da Galicia Rural e comprobo o agradecemento que mostra este colectivo por ter oportunidade de aprender nesta etapa da vida.

Cando chegue á ancianidade a infancia de hoxe en día, non poderá decir outro tanto.
Con tódalas dificultades que poida haber, hai moitas máis oportunidades que tempos atrás.
Hoxe en día tódolos nenos de España teñen escolaridade gratuita un mínimo de dez ou doce anos.
Uns sácanlle moito partido, outros menos.
Habería que analisar cuidadosamente os motivos.
Uns aproveitan os recursos e outros, non.

¿Por qué non aproveitamos os recursos que nos ofrece a sociedade de benestar?
¿Poderá ser porque o que non nos costa, non o sabemos valorar?
Pero…
¿Quen dixo que non costa a escolaridade gratuita?
¿Non se paga cos impostos?
¿Os impostos non saen do traballo das persoas en idade laboral?
¿Por qué rexeitamos tan fácilmente o sacrificio?
¿Pensamos que serán os outros os que nos quitarán as castañas do lume?
¿Pensamos vivir toda a vida dos Servizos Sociais?
¿Poderíanse mante-los Servizos Sociais se non houbera productividade?

O nivel socio-económico do noso país mellorou moito: moitos xoves teñen acceso a unha formación profesional e un elevado número a estudios universitarios.
O feito de que haxa catro millóns de parados, é preocupante, pero noutros tempos tamén os había, aínda que non estiveran rexistrados, e moitas persoas usaron a necesidade como unha fonte de enerxía para abrirse camiño.

Tamén hai quen se abandoa: as malas compañías, a droga, a vida fácil, as familias desestructuradas, a lacazanería…

¡Que agora os tempos están difíciles! Eu pregúntome: ¿Cando estiveron fáciles?

“¿TEMPOS DIFÍCILES?”. Este será o título do seguinte artigo.

Como estou convencida de que vostede é unha desas persoas que aprovoeitou os recursos que lle proporcionaou a vida, quero darlle as grazas e pedirlle que inculque na medida das súas posibilidades, eses valores á xente nova.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES