Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lugo, ponte bonito!

martes, 14 de noviembre de 2006
Hai anos, acudín a Barcelona nunha viaxe de traballo para o Concello de Lugo. A cidade estaba en obras, chea de carteis: “Barcelona, ¡posat guapa!”: Barcelona, ¡ponte guapa!.
Vintedous anos despois, alguén está a utilizar “Lugo, ¡ponte bonito!, para animarnos a estimar o Lugo que estamos a facer.

A min paréceme ridículo o slogan. Bonitos son uns zapatos ou un vestido. ¿Un coche?. Chamarlle “bonito” a un neno pode orixinar resposta destemplada. E dicirlle a Lugo “ponte bonito” é, como mínimo, unha cursilada.

Pode ser que o creador da frase non coñecese a súa utilización hai tempo, cunha pequena variante, xa que a orixinalidade senón imposible é difícil.

Pero se Lugo tivese ánima colectiva, largaríalle un xostregazo a quen propuxese tal “postura”. Iso non se lle fai a unha cidade coma a nosa.

Lugo (por certo: é feminino) pode poñerse orgullosa, alegre, airosa, rebelde, sumisa, triste ou apática… Pode fermosearse, aledarse, moverse ou revirarse. E pode aguantar como aguanta o que aguanta.

Pero “bonito”, se facemos abstracción de xénero, non ten que poñerse porque xa é máis bonita ca un San Luis.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES