Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 21 de abril de 2016
As comunicacións da administración

As comunicacións da administración adoitan ser enmarañadas, longas e non aptas para calquera paisano. Entendo que teñan que seguir unhas pautas e citar unha morea de leis e decretos e normas e artigos, pero isto chegaría con citalo se o paisano fixera algunha reclamación, se o paisano se puxera bravo, e punto. Poño un exemplo: a un gandeiro comunícanlle por carta que vai cobrar por tal subvención, tanto. Mirade cómo será a comunicación que todos, e digo todos, se presentan na oficina correspondente para que os funcionarios lles digan sobre qué vai esa carta. Estes, ás veces, quedan coa boca aberta e vense nunha apurada para explicarlles a realidade da carta, da comunicación. É dicir, que para cobrar o paisano 100 euros, por exemplo, mándanlle unha andrómena, unha leria que non entenden e que os fan perder unha mañá para que un funcionario lles explique (se este entende) ese pago. Co sinxelo que sería poñer: tal subvención de tal ano con este importe. Nada máis. Xa está. Que logo o paisano se pon farruco; pois segundo a lei tal, do real decreto cal, no seu capítulo xe, do seu artigo zeta dálle que dálle. Neste noso país, en vez de facilitarlle a vida á xente, complicámoslla de tal maneira que, despois, é normal que nos acusen do que nos acusan. A administración debería ser a sombra do paisano e non o sol que queima.
Pingas de Orballo


A radio pública que pagamos todos

Que asco de país! Ata futbolisticamente dá asco!. Xornada 34 da Liga. Regresando de Vigo, e tan axiña como pasei o túnel de Folgoso ou da Cañiza, aí sobre as nove menos cuarto da noite, puxen Radio Nacional de España, Radio 1, para escoitar os partidos Espanyol-Celta e Betis-As Palmas. Claro que un chisquiño antes xa lle comentara á muller de que máis seguro que non os estarían radiando. Cando llo comentei por algo foi. Pingas de OrballoPorque sei que neste país, futbolisticamente falando, fóra do Real Madrid e do Barcelona, todos os demais equipos (si, incluído o Atlético de Madrid) son auga de bacallau para os medios. Pero vale, era un día laboral (martes), deses nos que hai xornada de liga polo medio e, claro, poida que non se acostume a realizar un “Taboleiro Deportivo” ou un “Radiogaceta dos Deportes”. Mais, mira ti por onde, xusto ó pouco, empezou o segundo programa citado e nel axiña comentaron que ó día seguinte habería, faltaría máis, edición especial de “Taboeiro Deportivo” desde as oito da tarde, que é cando empezan o resto dos partidos. E neste resto, hai que entender que a esa hora xoga o Barça e ás dez será o Madrid. De aí o especial, ou sexa, que abranguerá desde as oito ata as doce. Espanyol, Celta, Betis, As Palmas. Pobriños. Non sodes ninguén na radio pública que pagamos todos.


Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES