Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O gran descoñecido

sábado, 23 de abril de 2016
A UNED Sénior da Galicia Rural celebrou por primeira vez o “DÍA DO LIBRO” o día 20 de abril de 2016 en Guitiriz.

Para a inmensa maioría do Alumnado da UNED Sénior da Galicia Rural, o libro é un gran descoñecido. En idade infantil non tivo moitas oportunidades e ó longo da vida adicouse a outros menesteres.

Pero como para aprender nunca é tarde, agora disfruta aprendendo coa vista e co oído a través das viaxes culturais e das sabias explicacións dos nosos benqueridos profesores.

Todos desexaríamos saber máis do que sabemos, pero poñerse a estudiar é outro cantar.

Lendo, dialógase cos sabios, pero ter que estudiar ten o seu prezo; por algo os estudiantes sudan para sacar boas calificacións.

Á nosa idade son moi poucas a persoas que se poñen a estudiar en serio. Nós non pertencemos a ese colectivo. Nós aprendemos doutra maneira menos comprometida e máis divertida sen que ninguén nos pida contas a remate de curso.

Aínda así, para a sociedade en xeral e para nós en particular, o libro é algo de moita importancia: É ALGO ASÍ COMO UNHA LUZ QUE ILIUMINA O CAMIÑO DA VIDA.

Os primitivos non tiñan libros e vivían; pero vivían daquela maneira. Pouco a pouco foise apredendo a deixar constancia escrita con xeroglíficos e gravuras feitos nas rochas, en cerámica, logo en pergaminos, etc, etc.

En España, os primeiros que contribuíron poderosamente a deixar constancia escrita desde fai máis de mil anos, foron as ordes relixiosas. Daquela ocupábase o tempo en traballar na agricultura, en loitar nas guerras e na vida relixiosa.

Eran estes últimos os que se adicaban á vida contemplativa,

a administrar as súas terras, ó estudio e a copiar a man os coñecementos da época.

Son moitos os manuscritos antes de 1500. Teñen moitísimo valor. Son os INCUNABLES. Algúns chegan a pesar moitos quilos e na actualidade consérvanse na Biblioteca Nacional, nalgúns mosteiros e nos museos dalgunhas catedrais.

No século XV, un alemán chamado Gutemberg inventou unha máquina para facer copias dos libros, é dicir, unha imprenta. A partir dese momento empezaron a facerse tantas copias como se considerou oportuno.

Hoxe en día hai imprentas por todas partes e as editoriais non paran de editar libros, e agora –coa chegada das novas tecnoloxías- xa se emprega o libro electrónico.

Hoxe en día podemos ler libros nese apartiño pequeno que chamamos móbil . Tamén en tabletas e en ordenadores.

O libro segue sendo una ferramenta moi mportante. Hai libros de tódalas materias: xeografía, literatura, medicina... de todo.

Todos teñen moitísima importancia, pero non todos son mundialmente coñecidos.

O máis coñecido, o máis discutido e o de máis valor é sen lugar a dúbidas a SANTA BIBLIA porque ademais de ser un libro sagrado e inspirado para os cristiáns; é un coxunto de libros que recolle coñecementos desde tempos moi antigos que son aplicables a tódolos tempos. Por algo é “PALABRA DE DEUS”

Outro libro moi coñecido polo Alumnado da UNED Sénior é o do INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA que escribiu un madrileño de Alcalá de Henares, chamado MIGUEL DE CERVANTES SAAVEDRA. Celebramos estes días o catrocentos aniversario da morte deste español coñecido en todo o mundo, que din, os entendidos, que é o mellor da Literatura Española.

Coincidindo con Miguel de Cervantes, houbo un escritor inglés chamado Chakespeare que din que é o mellor da Literatura Mundial.

Morreron o mesmo día, o 23 de abril de 1616, por eso falan tanto deles os medios de comunicación social estes días.

Pero para nós, a parte da Biblia; os mellores son os de Rosalía de Castro e –para os que sabemos ler pouco-, aínda nos vai tan ben un de Afonso Daniel Rodríguez Castelao que está feito de debuxiños moi ilustrativos que fala da realidades de vida.
Titúlase “COUSAS·”

Aínda que nós non somos persoas moi ilustradas nas letras, o que si temos é a carreira da vida e damos pé para que outros escriban o que nós vivimos e tamén llelo agradecemos.

Agadecémoslles que se lembren de nós porque os labregos aínda que non saibamos moito de letras, somos os que sacamos a fame do mundo.

Sen letras, vívese; pero sen comer, non.

Eso si: unha cousa non quita a outra.

Por algo nós estamos celebrando o día do “LIBRO.”

E seguro que máis dun vai chegar á casa e diralle ós netos: “¡ESTUDIADE DURO QUE OS LIBROS ENSINAN MOITO!”

Pero coidadiño que o estudio non é tarefa doada. É un traballo que esixe tanto esforzo e tanto sacrifico como ir cavar á roza noutros tempos.

Con todo o que eso poida significar: “O LIBRO É UNHA BOA FERRAMENTA PARA ABRIRSE CAMIÑO NA VIDA”

Non nos convén que siga sendo: “O gran decoñecido”

Hai que agárralo aínda que sexa polos cornos.

Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES