Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mellores niveis de benestar

jueves, 21 de abril de 2016
Había unha canción nos meus tempos mozos que dicía:
“El que tiene un duro quiere tener dos… Etc, etc.
O retrouso era:
“¡TODOS QUEREMOS MÁS!”

Pois, si.
O noso ego dinos que sempre queremos máis.
Pero a canción fala tan só de cartos. Certamente que sen cartos pouco se pode facer.

Naquel momento que había moita estreitura económica, tiña sentido aquela canción. De feito penso que tivo bastante éxito nas clases populares.

Os que agora estamos en idade senil, fomos unha xeración con bastante estreitura económica, aínda que naqueles tempos non se falaba de crise.

Aquela estreitura económica obrigounos a buscarnos a vida, a traballar duro para satisface-las necesidades básicas e pouco a pouco, todos fomos saíndo adiante.
Un pobre, ben pobre de hoxe en día, vive mellor que un rico daqueles tempos.

Pero…
¿É a xuventude de hoxe en día máis feliz do que fomos nós?
Diferente, moi diferente, si; pero máis feliz…
Eso habería que demostralo.

A verdade é que hoxe a nosa xuventude ten moitas cousas, moitas cousas materiais; quizais demasiadas.
Hoxe non se sabe que regalarlle a unha criatura.
Moitas veces non saben valorar o que teñen.
Derrochan xoguetes, derrochan material escolar, derrochan luz, derrochan auga, derrochan…
Pero…
¿É eso ó que lle chamamos benestar?

¿O benestar consiste soamente en ter canto máis mellor de bens materiais?
¿Obteñen mellores resultados académicos as criaturas que máis cousas materiais teñen?
¿Son mellores persoas?
¿Saben comportarse mellor cando van pola vida adiante…
¿Son máis felices?

É normal que cadaquén trate o mellor que poida ós seus pupilos. Sempre foi así e convén que siga sendo.
Pero de aí a malcrialos por superprotección, vai un abismo.

¿Por qué hai tanto neno deprimido, hoxe en día?
¿Por que teñen tanto traballo os psicólogos?
¿Por qué hai tanto acoso escolar?
¿Non será que os nenos van mal programados dos seus fogares?
¿Qué está pasando co ciber-acoso?
¿Non nos pasaremos á hora de poñerlle unha ferramenta de doble fío nas mans a unha criatura?
¿Por qué algúns nenos chegan ó suicidio cando –aparentemente – non lles faltaba de nada?
¿Non lle falta de nada ou fáltalles moito?
Habería que preguntarllo á conciencia de cada un e tamén á “conciencia social”.

Os nosos nenos son a esperanza dun futuro mellor:

¿Cómo poderán facer para construirnos un mundo mellor se os superprotexemos e non os preparamos para enfrontarse á vida?

¿De onde sacarán as forzas para enfrontarse ás dificultades que lle vai presenta-la vida?

Os nenos necesitan entrenarse desde pequenos para saber:
-En primeiro lugar que a vida é dura. É dura para todos e para os nenos, tamén.
-En segundo que merece moito a pena vivila.

E así sucesivamente porque:
-A vida ten uns límites.
-Non se pode conseguir todo canto se nos antolla.
-Temos que medi-las nosas posibilidades.
-Hai que caer algunha vez para aprender a erguerse.
-Hai que sacrificarse para conseguir algo porque todo ten un prezo.
-Canto facemos, ten unhas consecuencias.
-Según fagamos cos outros, así farán con nós.
-Non estamos feitos tan só de materia, tamén temos unha vida espiritual, unha vida psicolóxica, unha vida emocional, unha vida afectiva…Somos moito máis que materia.

Por estas e outras moitas razóns que vostede sabe mellor ca min; se queremos mellorar o futuro das novas xeracións, temos que preparalas para que saiban enfrontarse a unha morea de obstáculos que lles van aparecer no camiño da vida.

Porque o mellor nivel de benestar, disfrútase cando se conseguen logros e para conseguir logros, hai moito que loitar, moito que sacrificarse e moitas cousas ás que renunciar.

Non hai mellor escola que a vida mesma.
A vida irá poñendo a cadaquén no lugar que lle corresponde.

A nosa xuventude –que ademais de intelixente- goza de moitos medios para prepararse, seguramente loitará por acadar mellores niveis de benestar.

O mellor nivel de benestar alacánzase cando se goza de paz interior, cando o noso ser interno está en harmonía co que facemos e co que somos.

Por eso, neste mundo eminentemente materializado, convén poñe-los tiles en ser felices coa satisfacción do deber cumprido, independentemente dos medios económicos dos que poidamos gozar.

Esmerarnos canto poidamos en cumprir co noso deber no fogar, na vida laboral e na social.
Transmitir con valentía aqueles valores que tan bos resultados deron ó longo dos tempos: respeto á tradición, ás normas elementais de urbanidade, cortesía e boa educación, sen esquecer os valores morais e relixiosos…

Cultivar eses mesmos valores na vida de cada día para consolidalos, evitando así que o vendaval do modernismo sen xeito nos arranque o máis esencial: as nosas raíces sobre as que sustentamos o noso presente mirando con esperanza cara a un futuro mellor.
Afortunadamente temos máis medios que nunca ó noso alcance; de nós depende o uso que fagamos deles.

“APROVEITANDO RECURSOS”

Ese será o título do seguinte artigo.
Quisera dá-las máis expresivas grazas a tódalas persoas que dun xeito ou doutro colaboran para mellora-los niveis de benestar desde os distintos recunhos de mundo mundial.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES