Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

(Novariz) Qué terá esta vila?

lunes, 18 de abril de 2016
O certo é que agora, cando me poño a escribir, non sería quen de asegurar se llo escoitei onte a José María Paz Gago ou o oín nalgún programa radiofónico sobre turismo cultural ou literario. O caso é que o vou repetir.

Dixérao quen o dixera, eu participo plenamente da seguinte opinión: Non hai cidade no mundo -nin vila- que se prece, que non sexa escenario do realismo máxico dunha gran novela escrita por un gran escritor.

Poñamos por caso o Ourense decadente de Blanco Amor. O Valladolid de Delibes, herexe e inqusidor. O Madrid costumbrista, señoritango e político -digamos- de Cela, Valle Inclán ou Galdós. Ou a Barcelona do inspector Pepe Carvalho e de Ruíz Zafón. E, cómo non, o Dublín de Joyce, o Macondo de García Márqueza, a Lisboa de Pessoa, Saramago, Tabucci... En fin, supoño que cada quen garda na retina as súas, segundo as páxinas que teña consumido con máis ou menos fruición.

Pero é certo. No momento no que algún escritor de éxito pousa a súa máxica imaxinación sobre un espazo determinado, esa cidade, esa vila, esa aldea incluso, ve de súpeto elevado substantivamente o seu listón.

Por iso, eu e os da miña vila -que xa de seu era unha vila literaria- debemos estar estes días especialmente orgullosos. Porque agora, gracias ó trasunto postmoderno -pero macondiano, á fin e ó cabo- ideado polo noso conveciño Carlos Montero ó transmudar en Novariz a súa Celanova de neno, este pobo de santos e poetas, de bos e malos -coma todos-, de nenos e vellos... e máis vellos, acaba de ver exponenciado o seu valor. Ata o punto de que, se por iso, Montoro cobrase plusvalías, deberiamos comezar a gardar ben o "forrollo" para facerlle fronte no futuro á contribución.

Isto si que o dixo, José María Paz Gago: Celanova contaba ata o de agora co privilexio de ser receptora da paixión poética recollida nun dos mellores libros cos que conta a literatura galega de autor. E agora, por obra e gracia de Carlos Montero e do remuíño de sensacións que xera a súa fascinante novela "El desorden que dejas", pasa a ser receptora tamén do inmenso privilexio de poder ser coñecida en territorio español por mor da prosa máis actual e moderna que dá de si un escritor.

Qué terá esta vila, que produce poetas e prosistas a cachón? Pregunto eu, preguntará vostede, preguntámonos todos. É evidente que non hai resposta. A non ser que deixemos voar a imaxinación...

Entón sairía outra novela. E seguiriamos dándolle á manivela... En permanente producción.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES