Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ramón Lugrís, galego europeísta

lunes, 18 de abril de 2016
Hai intelectuais que, polo seu propio carácter e proceder, tamén si pola xenuína proxección do seu ideario, acaban por ficar nas marxes da corrente central da historial cultural dun país. Ramón Lugrís, galego europeístaEse feito revélase como especialmente ingrato cando estamos a falar de persoas que moito iluminaron os camiños e que impulsaron decote as angueiras a prol desa cultura e do territorio que a acolle. Entendo eu que este é o caso de Ramón Lugrís, sobre o que agora se publica un libro máis que necesario.

Ramón Lugrís. Sempre Galicia, sempre Europa é a novena entrega da colección Texturas Internacionais que publica o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (iGADI).

Coordinado por Xosé Luís Franco Grande e Xulio Ríos, este volume achega materiais diversos arredor da figura do xornalista e escritor ferrolán Ramón Lugrís, falecido o pasado 2 de decembro en Ciudad Real á idade de oitenta e tres anos.

Prologado polos editores Franco Grande e Ríos, o libro ábrese cunha longa entrevista que ambos os dous realizaron a Lugrís e que fora adiantada, nunha versión ben máis reducida, en Grial no 2012. Seguindo o fío das preguntas dos entrevistadores, Lugrís vai contando no preto de medio cento de páxinas deste diálogo moitos pormenores da súa vida nos primeiros anos, da súa formación universitaria e o espertar galeguista na Compostela dos 50, así como o posterior traslado a Londres para traballar na bbc e logo a Nova York como tradutor da Ramón Lugrís, galego europeístaonu, entre outros destinos profesionais. Tamén dá conta do seu labor como estudoso da obra de Vicente Risco e das súas relacións con Ramón Piñeiro, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Franco Grande e outros intelectuais e escritores que protagonizaron a Galicia do medio século pasado.

A seguir, o libro recolle catro ensaios que abordan a vida e a obra de Lugrís con olladas complementarias: “No principio foi Ramón Lugrís”, da autoría de Franco Grande, quen comenta dúas conferencias de Lugrís inéditas en gran medida; “A iso das catro da tarde. Un bypass na tradición galeguista”, asinado por Carlos Baliñas Fernández, quen lembra como coñeceu a Lugrís cando chegou á Universidade de Santiago alá polo ano 1954 e describe a cidade xacobea que daquela lles tocou vivir; “Carta a Ramón Lugrís cincuenta anos despois”, na que Rodríguez Mourullo repasa o ambiente galeguista dos 50 para dar a súa versión da desavinza que entre el e Piñeiro medrou e que tivo en Lugrís un pacificador comprensivo; e “Tralas pegadas de Ramón Lugrís”, ensaio ben amplo de Miguel Barros no que analiza a fondo varios artigos de Lugrís para caracterizar o seu pensamento político e as súas posicións respecto de palpitantes conflitos internacionais do seu tempo.

O volume remata cunha abondosa escolma de artigos do propio Lugrís intitulada “Apuntes británicos (e outros)”, case unha vintena de textos escritos entre o 2009 e o 2011 recollidos, a maioría, das páxinas do semanario A Nosa Terra e, algúns outros, do web igadi.org.

Péchase a obra cun caderno fotográfico onde se reproducen fotografías de Lugrís cando neno por Ferrol coa súa familia, outras do mozo universitario en Compostela e moitas do xornalista e tradutor profesional que en Londres, Nova York e outros lugares traballou para a bbc, efe ou Nacións Unidas con amigos e colegas como Eduard Punset ou Fernando Pérez-Barreiro Nolla, entre outros.

Moi oportuna a aparición deste Ramón Lugrís. Sempre Galicia, sempre Europa, que chegou a ver impreso pero non distribuído o propio protagonista, pois un primeiro exemplar da obra foille entregado no despacho de Rodríguez Mourullo en Madrid poucos días antes do seu pasamento, razón pola cal o coñecemento xeral deste volume resulta unha acaída homenaxe póstuma que moito merece un intelectual fondamente galego e europeo do que tanto cómpre aprender.
Requeixo, Armando
Requeixo, Armando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES