Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paz e prosperidade

jueves, 14 de abril de 2016
Se fixeramos unha enquisa, seguramente moitas persoas desexaríamos paz e prosperidade.
É un desexo que late constantemente nos corazóns de tódalas persoas de boa vontade; pero miremos para onde miremos, vemos atrancos e máis atrancos para vivir en paz.

¿Cómo é posible que nos compliquemos a vida de semellante maneira?

Somos moitas as persoas que levamos unha vida máis ou menos ordenada, sen grandes sobresaltos; máis que os que nos esixe a propia vida de cada día.
Vostede é unha desas persoas… ¿Non, si?

Somos moitas as persoas que loitamos por vivir en paz respetando as diferentas.
Vostede, seguro que renuncia máis dunha vez ós seus dereitos para favorecer a convivencia cos seus.
¿Certo?

Para construí-la paz, facemos falta todos; para destruíla uns poucos son suficientes.
Leva moito tempo construír unha cidade, un país e nun instante hai quen se ocupa de facer voar todo polos aires:

-Sangue de inocentes derramado inutilmente.
-Persoas destrozadas por anos de vida.
-Familias enteiras que perden as ganas de vivir
-Países en alerta constante. (O mundo que nos rodea en alerta catro sobre cinco) Algo cheira mal…
-Intranquildade por todas partes.
-Nenos que perden a seus pais.
-Pais que perden ós seus filliños.
¡Canta dor!
¡Cantos corazóns destrozados!
Todo eso:
-¿Por que?
¿Por razóns políticas, por razóns relixiosas, por motivos económicos, por ideoloxías de calquera índole…?

¿Ou pola sen razón?

A min paréceme que non hai razóns que xustifiquen tales atrocidades.
-¿Para que?
¿Para conseguir un bocado máis de terra, por uns barrís de petróleo, por motivos relixiosos, por fanatismo?
Non sei, non sei.
Por máis voltas que lle dou; na miña cabeza non me cabe tanta maldade.

¿E ás xeracións futuras?
¿Que legado lles deixamos?
¿Pensarán que esto é normal?

Preocúpanme as xeracións futuras.

Elas non teñen culpa de nada.
Merecerían vivir tempos de paz e prosperidade para construir un mundo feliz.
Pero…
¿Canto tempo seguiremos así?
¿Cando deixaremos a un lado os egoísmos, as ideoloxías fanáticas, o terror?

Urxe que tomemos conciencia.
Urxe que as augas volvan ós seus cauces.
¿Non ve vostede o mundo un pouco desbordado?

Urxe que recuperemos os valores humanos para que todos poidamos disfrutar deste mundo e desta vida á que un día fomos chamados.
Necesitamos paz e prosperidade.
No mundo hai espacio para todos sen interferencias.
A vida merece vivirse intensamente porque pasa voando.
Necesitamos tomar conciencia de que todos temos dereito á vida.
Necesitamos aparca-las diferencias porque son moitas máis as cousas que nos unen que as que nos separan.
Todos unidos construímos país, todos xuntos construímos o mundo no que vivimos.
Ninguén está en posesión de verdade total.
É moi lóxico que cadaquén teña o seus puntos de vista, por algo somos todos diferentes; pero xa vai sendo hora que maduremos como humanos e aprendamos a convivir en paz.

A paz trae a prosperidade, a guerra trae a destrucción.

Moito me gustaría ve-lo meu país unido.
Ultimamente véxoo algo escagallado.
Un tira para aquí, outro para alí, outro para acolá...
A ver quen ten máis forza…
E sempre remata rompendo a corda polo máis delgado.
A peor parte sempre carga sobre os máis febles.
¡Qué xeito é ese!
¿A onde imos desta maneira?

Son conscinte de que somos moitas as persoas que queremos vivir en paz.
Son consciente de que algún día conseguiremos limar diferenzas.
Son conscente de que a paz é un ben moi necesario.

Por eso confío plenamente que crearemos lazos de paz tódalas persoas de boa vontade e sairemos adiante.
Debemos inxectar aires de paz nas novas xeracións.
Animalas moito para que sexan portadoras de paz.
Se non nos construen a paz as novas xeracións…
¿Quen nola vai construír?

Apoiar as novas xeracións ata máis non poder.
Necesítannos.
Necesítanos e necesitámolas porque debemos recoñecer que a nosa xeración traballou moito para elevar o nivel socio-económico-cultural, pero a economía sen valores morais, máis tarde ou máis cedo, derrúmbase.
¿Será eso o que nos está pasando?
¿A vostede que lle parece?

Por eso é o momento de recuperar os valores éticos, morais e espirituais para que cambie a nosa mentalidade a favor da paz e da prosperidade.
Velar pola paz e pola prosperidade para que as novas xeracións acaden mellores niveis de benestar.

“MELLORES NIVEIS DE BENESTAR”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por dedicar algo do seu preciado tempo a ler estas reflexións miñas que tiña verdadeira necesidade de manifestar.
Graciñas
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES