Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un ano de graza do Señor: Abrir prisións inxustas

lunes, 11 de abril de 2016
Cal delas? Bonxe ou Teixeiro? Ámbalas dúas fican a escasos quilómetros da raia divisoria entre a nosa diocese e as de Lugo ou Santiago. Son eses os cárceres aos que se refire Isaías? Ou máis ben estará a falar de persoas,de todos os “prisionizados” do mundo por calquera xugo de calquera escravitude e tamén dos dos barrotes dos centros penitenciarios?
Nós, como diocese,hoxe xa non temos edificios dedicados a centros penitenciarios. Digo, hoxe, porque en Mondoñedo, Ribadeo, Vilalba, Ortigueira e Ferrol, aínda na miña acordanza, si que existían as mazmorras, calabozos ou prisións e funcionaban como tais. Eu aínda fun ver xente retida polo xuíz nun deses lugares,no anos 1965-1968 en Ortigueira. En Ferrol tiñamos a civil e as dos militares. Daquela, ... ,xa non temos misión?

Hai moitos presos, familias de presos, vítimas de diversos abusos ou agresións, etc. Xesús fala deles, deses presos onde queira que se atopen.

Na espiritualidade ignaciana danse uns PUNTOS DE MEDITACIÓN. Un clásico. Eu hoxe quero moverme nesta clave para que cadaquén logo reflexione con liberdade e tire as conclusións que a conciencia lle dite.

Punto básico: Amarás a Deus e ao próximo como a ti mesmo. E Francisco insiste en abrir portas á misericordia.

Cales son elas? Onde están? O Papa, seguindo a Xesús Cristo, váinolas indicando a cotío. Invita a saírmos ás periferias da vida ao descubrimento delas na propia realidade do hábitat onde cada ser humano desenvolve a súa vida para ir ao encontro das persoas e das situacións estruturais concretas. Non son teorías. Os cárceres existen e están no medio de nós a cotío. É costume doerse das calamidades do mundo. Das que pasan lonxe. Incluso mandar unha esmola ou facer discursos. Está ben. Son necesarios. Sempre que non sirvan de durmideiras.

Porque é preciso baixar á realidade concreta, á que me arrodea a min, hoxe e aquí ou lonxe, e facer unha análise completa. O que chamamos unha “re-visión” evanxélica da vida.
O primeiro sería un VER: Refuxiados, emigrantes, perseguidos, abusados, traficados, desafiuzados, parados, prostituídos, invisibilizados, nenos da rúa roubados e logo “desguazados” para órganos humanos, torturados, secuestrados, presos, enfermos, encamados, coidadores, analfabetos funcionais, pobres, miserentos, solos, tristes, loucos e tolos, abandonados, mulleres maltratadas e asasinadas, modelos conceptuais de posesión como propiedade absoluta ou parcial do outro do que“son dono e perténceme”, ou os abusos da natureza e dos bens sen límite, corrupcións múltiples e moi enraizadas,etc. Todo iso pasa aquí. Entre nós. Tamén temos crime organizado.Todos eses son cárceres. E tamén sonportas de misericordia.

Descubro eu moitas outras? Máis aínda.as propias e as dos irmáns ounas miñas contornas concretas?

Porén sería enfermizo ficar nunha análise só desde este cariz negativo e pesimista. Onde están os “signos dos tempos” que nos revelan resurrección e vida, compromiso e entrega? Porque os hai. Onde percibo as chamadas que me invitan a asociarme e a ser e estar presente e activo no mundo que se vai facendo reino de Deus, que vai saíndo dos “tinglados” e armadillos da inxustiza, da miseria e do “pecado do mundo”?

O ser humano ten de loitar contra toda inxustiza e ser solidario. Así o están demostrando tantísimos que arriscan incluso a vida: Voluntarios diversos, “médicos Mundi”, traballadores, empresarios honrados, profesionais, científicos, xentes humildes, misioneiras e misioneiros, etc. Son un exemplo que xera esperanza no mundo. Os cristiáns, con moito máis motivo, temos de encher o mundo de utopías que se van realizando entre cantares de vida e resurrecciónen auténtica doazón e entrega como tantos grupos comunitarios. “Non hai vida cristiá sen comunidade” (Michonneau, 1961). Vainos niso a fe. Se Cristo non resucita en cada irmán, a nosa fe é vana. Por iso cómpre dar un segundo paso totalmente esencial
XULGAR. DISCERNIR: Que fácil, que doadiño resulta cruzar unha porta santa dunha catedral, ir de peregrinación-excursión a tal santuario, acender velas tan altas coma min, facer camiños ou carreiras de Santiagoou ao santo André de Teixido, confesar e comulgar e rezar polo Papa. E iso está moi ben. Incluso pode ser unha graza de Deus que me espera nun recanto o nun encontro con alguén.Pero esas son portas de chegada, a onde hai que ir coas mans e a vida moi cheas de compromisos reais e operativos. Con remedios de implicación persoal e comunitaria, traballadas moi seriamente nas portas de saída anteriormente citadas.

Andamos cheos de dúbidas e preguntas. Serán estas mesmas? Cal deles é o teu próximo, preguntou Xesús? Supoño que aquel que atendeu e curou ao ferido, respondeu o azorado.
Que debemos facer?, preguntaba a xente: E Xoán contestáballes: Quen ten dous vestidos, déalle un a quen non ten ningún; e quen ten comida, compártaa con que non ten nada.

Achegáronselle tamén algúns dos que cobraban impostos para Roma e preguntaron: Mestre, qué debemos facer nós? Non cobredes máis do ordenado. Tamén algúns soldados lle preguntaron: E nós, qué temos de facer? No quitedes nada a ninguén con ameazas ou falsas acusacións. E conformádevos coa paga. Así e con outros moitos consellos anunciaba Xoán a boa nova á xente.(Lc 3,10-18).

“Que temos que facer, irmáns?”.Pedro contestou: arrepentídevos e bautizádevos no Nome de Xesús, o Mesías, para que os pecados vos sexan perdoados. Daquela recibirán o don do Espírito Santo os que o Señor, o noso Deus, queira chamar, aínda cando estivesen alonxados”.

“O que eu quero é este outro xaxún: desatar os lazos da maldade, desfacer os sometementos dos xugos, darlle a liberdade aos quebrantados e arrancar todos os xugos. Partir o teu pan co famento, e aos pobres sen fogar recibilos na casa. Que cando vexas un espido o cubras e non te apartes do teu semellante nin lle torzas a cara?” (Is. 58).

Agora, persoal e comunitariamente iluminados xa por unha visión renovada, plena de confianza, fe e esperanza, tamén coa oración e relación directa e pausada con Deus, cómpre volver á realidade para transformala.

ACTUAR. É o terceiro paso. O compromiso. En de non, o proceso ficaría manco. Con este espírito de Deus acheguémonos de novo á realidade de todos os cárceres da vida e faremos o milagre que cada día nos vai inspirando e esixindo o Espírito: Serán barriadas renovadas, redención dos diversos cativeiros: drogas, alcohol, fracasos de todo tipo, política, sanidade, etc. Dinos Mans Unidas: “Plántalle cara á fame: Sementa en África, América, Asia”.

A PRIMERA COMUNIDADE. Acudían asiduamente á ensinanza dos apóstolos, á convivencia, á fracción do pan e ás oracións. Todos os crentes vivían unidos; compartían todo canto tiñan, vendían dos seus bens e propiedades e repartían despois o diñeiro entre todos segundo as necesidades de cada un. Todos os días se reunían no Templo con entusiasmo, partían o pan nas súas casas e compartían a comida con alegría e con grande sinxeleza de corazón.

Loaban a Deus e gañaban a simpatía de todo o pobo; e o Señor agregaba cada día á comunidade aos que quería salvar. (Act 2, 37-47).

Ao mellor chega á túa vida una chamada para ir lonxe ou incluso a un centro penitenciario: Estiven no cárcere e viñestes verme. Estiven en calquera cárcere da existencia e ti achegácheste a verme, a falarme, a quererme, a atenderme, a acompañarme, a apostar por min cando ninguén daba por min nin unha miseria de euro. Era eu. Non me torcestes a cara, escoitástesme, tratástesme coma un irmán. Entrade no gozo do meu Señor.

Hai un programa na radio sobre ecoloxismos e protección do medio ambiente que remata sempre así:“Fai xestos. Os pequenos xestos son poderosos”. A forza dos débiles cambia o mundo. “Non temos nas nosas mans as solucións para os problemas do mundo. Pero fronte aos problemas do mundo, temos as nosas mans. Cando o Deus da historia veña, ha mirar as nosas mans. Se amamos a nosa terra, que a mañanciña nos pille sementando”.(Menapace).

Lembrades os do rural? Comparado coa grande amasada da artesa familiar para toda unha semana, o fermento era mínimo, case insignificante. Senon se botou a perder, ten unha forza interior tan transformadora que en poucas horas levanta toda a fornada para a cocedura.

E comezou a dicirlles: Hoxe cumpriuse esta Escritura diante de vós. O Espírito do Señor está sobre min, por canto me unxiu para dar boas novas a aos pobres; envioume sandar aos quebrantados de corazón; pregoar liberdade aos cativos; darlle vista aos cegos; pór en liberdade aos oprimidos; predicar o ano da graza do Señor. A chamada de Deus chéganos a todos na vida: Pois agora vai e fai ti o mesmo:Abrir prisións inxustas.

Á ordenación do novo bispo, representando un mundo de pobres e empobrecidos, irá un grupiño de reclusos e algúns funcionarios, ávidos todos de encontrar unha igrexa diocesana que testemuñe estar disposta a abrir portas de misericordia e a escoitar este clamor:“Somos cárcere e necesitamos comprensión, mans e corazónsde misericordia. Precisamos dos diversos apoios de toda a comunidade para unha nova oportunidade”.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES