Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vida de emigrante

jueves, 07 de abril de 2016
Na Galicia rural tense dado moita emigración. De feito todos temos algún parente na emigración.

Algúns quedáronse por terras lonxanas, pero a maioría deu volta en canto puido.

Coñezo algunhas persoas que tiveron que dar ese paso. Costoulles soures e bágaos.
A piques estiveron de dar volta cando marchaban no tren cara a non sabían moi ben donde.
Pero a necesidade deulles forzas para seguir e seguiron.

Xeralmente ían cun contrato de traballo, pero tiñan que dar un xiro de cento oitenta graos á súa vida:
-Separarse da familia.
-Separarse das amistades.
-Separarse dos veciños…
-Aprender novas técnicas.
-Renunciar ó seu para vivir no alleo
-No melloriño da vida, en plena xuventude, sangue novo de Galicia vertido polo mundo adiante.
-Mozas e mozos arrincados do eido galego buscando un futuro mellor.
-Todo a cambio dun bocado de pan ben sudado.

Desde unha vida máis ou menos relaxada no seu ambiente, pasaron ó mundo acelerado da industria onde o traballo en serie obriga a dá-la talla, convertíndose deste xeito en “máquinas humanas de traballo”.

-O primeiro atranco: o mesmo idioma.
Non me quero imaxinar como se farían entender nin os problemas que terían para comunicarse e moito menos o sós que se sentirían.
¡Canto botarían de menos os seus!
-O traballo tiña que saírlles das mans como se foran churros.
-A estreitura económica como denominador común de toda aquela situación.
Necesidades de todo tipo:
¡A morriña!
¡Canta morriña, mi madriña!
¡Canto deixan sufrido!
¡Cantas horas traballadas!
¡Cantas incomprensións!
¡Cantos desprezos!

E todo por un bocado de pan.
Traballar sen ver moitas veces a luz do día para aforrar uns cartiños e –por veces- mandarlle algo ós que quedaron en Galicia.

Son auténticos heroes e heroínas.
Homes e mulleres, mulleres e homes que deixaron o mellor das súas vidas no extranxeiro para volver un día cunha presiña de cartos na man para empregar na terriña.

¡Se pudieran contar todo canto eles pasaron…!
Pero non o contan.
Xeralmente din que a súa vida foi moi dura e non se enganan nada.

De volta na casa:
-Moitos parentes, xa non están.
-Xa quedou atrás o trato coa veciñanza. Unha parte da veciñanza, xa se foi para a outra vida.
-As amistades tamén, elas tamén colleron o seu camiño, xa organizaron as súas vidas…
-A vida que atoparon á volta xa non ten nada que ver coa que deixaron tempos atrás.

Os anos foron pasado tanto para os emigrantes como para os que se quedaron na terra.
Uns máis e outros menos, pero todos foron mellorando. Dentro e fóra houbo que suda-la camiseta.
En ningún sitio regalan nada.

Pero o emigrante retornado tivo que fundar vida de novo.
Integrarse na nova sociedade galega que tanto cambiara.
Xa non é o mesmo.
Todo cambiou.
¡Cambiou tanto, tanto..!

A xeografía do rural galego está teñida de suor da emigración.
Son raras as aldeas que non teñen algunha casa feita por emigrantes.
Nalgúns sitios están as casas de indianos, que son verdadeiros palacetes.
E menos mal que tempos atrás aínda non esixían moitos requisitos para poder construir. Hoxe en día, -según como- xa é praticamente imposible.
Pero…
Desafortunadamente, hoxe en día a xente nova tamén ten que emigrar.
-Emigra sangue novo. A sangría continua.
-Emigra xente preparada concienzudamente con medios galegos para invertilos en terrras estrañas: ¿non é inxusto?
-A población de Galicia descende a pasos vertixinosos.
¡Cómo non vai descender! Todo vai a seu favor
¡Canta dor!
¡Canto sufrimento..!

¿Cando retornará a nosa xueventude emigrante?
¿Cando chegará o día que non teña que emigrar?

Eu quero soñar cunha Galicia xove, unha Galicia chea de sangue noviño, porque…. a verdade non podemos conformarnos con se-la rexión máis lonxeva de Europa.

Lonxevidade e xuventude deben equilibrarse canto antes.
Urxe sangue novo para levantar Galicia.

Galicia mellorou moito. Basta mirar o seu mapa universitario e industrial, pero…
Mentres teña que emigrar, algo falta.

Esperamos que as novas xeracións se reinventen para crear o que falta para que Galicia sexa dona e beneficiaria das súas xentes.
Porque o sangue galego ten moita forza.
Moita forza para erguerse e disfrutar de paz e prosperidade.

PAZ E PROSPERIDADE, será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por solidarizarse coa vida dos emigrantes galegos.
Quizais coñeza algún.
Quizais vostede sexa unha desa persoas.
¡Vaia para todos o meu agradecemento!.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES