Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Profeta na propia terra

viernes, 01 de abril de 2016
O pasado 25 de marzo, entregouse na Casa Habanera de Guitiriz o Premio Trapeiro de Honra 2016 a José López Díaz, coñecido como Pepe Profeta na propia terrade Cristos. Un músico daqueles tempos nos que non había escolas nin conservatorios, nin autovías, nin internet e moito menos os medios técnicos das actuáis orquestras, con milleiros de watios de son, espectaculares efectos de luz, trailers, autobuses e mercadotecnia...
Pepe, músico vocacional, como a mayoría daquela época, recibeu o Premio dunha das estrellas galegas das actuáis orquestras de baile, a tamén vilarega Arantxa Álvarez, vocalista de Los Satélites, nomeada o pasado ano nos premios Martín Codax mellor orquestra galega de verbenas.

Ás músicas de onte e de hoxe representadas por dous vilaregos separados polo tempo pero unidos polo respeto e admiración mutuos, (en palabras de Arantxa "de non ser por estes 'mozos', eu non estaría aquí"), por ese amor á música.

Os Vilares, parroquia que contou na época de Pepe de Cristos coas orquestras Armonía e Chedeiro, e varias salas de baile, conta hoxe con unha das voces destacadas do panorama musical de masas das festas e salóns de baile de Galicia (e do estado), Arantxa de Galindo.

Sin embargo, despois de varios años percorrendo numerosas localidades galegas e de outras comunidades, actuando en programas de televisión e salas de festas, Arantxa e Los Satélites, aínda non actuaron nos Vilares, por donde pasaron, estes anos tanto na Pascua como no San Vicente, orquestras do nivel da Panorama, París de Noya, Olimpus ou Fania Blanco Show entre outras moitas de sona.

Resulta curioso que varias comisións de festas subvencionadas con cartos do monte en man común e dos veciños e negocios da parroquia non teñan brindado a Os Vilares unha soia vez a posibilidades de disfrutar da actuación da veciña de Novás, que ademáis ten amosado públicamente a súa ilusión por cantar na súa parroquia.

Demostrase aquí pois, unha vez máis, que é difícil ser profeta na propia terra.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES