Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O marketing do holocausto

miércoles, 30 de marzo de 2016
Estiven a ver a semana pasada unha escena da película "Detachment" na que se fai unha fonda reflexión sobre o mundo actual e a gran cadea que a vindeira xeración terá que rachar: a cadea estereotipada dese canon de beleza excluínte e opresor que aldraxa tanto ás persoas que inclúe en si como ás que exclúe. Por desgraza este canon converteuse nun canón contra a dignidade humana que día a día provoca frustracións baseadas en mentiras ben amplificadas e difundidas. Na película dita reflexión empeza debatendo sobre os termos "asimilación", "ubicuo" e "dobre pensamento" para despois introducir o impactante termo de "marketing do holocausto".

O marketing do holocausto é un complot contra a dignidade humana que nos ensina a autoexcluírnos do considerado canónico para despois excluírnos da sociedade. Só hai un modelo de familia, un modelo de parella, un modelo de vida social e, en definitiva, un ficticio modelo de sociedade perfecta na que a infelicidade e o adverso non existen.

A pregunta é: por qué a sociedade está aceptando e consumindo un canon prexudicial para a súa inmensa maioría? A resposta está no feito de que o sistema educativo ten que ser un activador da conciencia crítica que fortaleza o autoconcepto e a autoestima das persoas, ao tempo que forxe a empatía e a interdependencia necesarias para o desenvolvemento mutuo e colectivo.

Nestes tempos faise duro loitar contra o marketing do holocausto por ser camaleónico e por ter moitas caras cubertas de suposta humanidade que xeran desexos imposibles. Por iso é imprescindible empezar a visualizar a beleza inclusiva capaz de rachar os límites do prexuízo e de valorar a cada persoa polo que é, pola súa loita e polo que pode chegar a ser.

Evidentemente a teoría do ilímite é a antítese do marketing do holocausto e ten abondosos exemplos que o refutan. Temos que lograr que unha sociedade que pense por si mesma, que se acepte a si mesma e que sexa capaz de derrubar as cadeas deses estereotipos absurdos que lastran a liberdade.

Educar para a liberdade é educar para a autoaceptación e o pensamento crítico e iso implica dotar a cada persoa das armas necesarias para deconstruir a súa realidade forxando inclusión; sen asumir deliberadamente prexuízos e lonxe, ben lonxe do marketing do holocausto.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES