Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viaxando coa mellor compañía

miércoles, 30 de marzo de 2016
Se a cara é o espello da alma aquela tiña que ser unha alma especial, unha desas coas que un se cruza moi de cando en vez pero que resulta imposible de esquecer. Aquel home tiña un don, unha cualidade que o facía tremendamente singular. Aquel home transmitía felicidade. Mais a felicidade que el practicaba nada tiña que ver con ese postureo articificial, empalagoso, que tan de moda está últimamente e que busca aparentar de cara ó exterior unha vida perfecta por moi imperfecta que esta sexa. O seu era un benestar ben diferente. Tratábase dunha actitude, unha forma de estar no mundo que lle facía mirar a vida con ollos neutrais, sen filtros, e que a xulgar por como se comportaba estaba disposto a compartir coas persoas que o rodeaban. Semellaba seguir ó pe da letra aquel consello de Teresa de Calculta, “non deixes que ninguén veña a ti sen irse mellor e máis feliz”. Ese era o seu compromiso, a súa verdadeira misión. Pero como levalo á práctica?, como aportar o seu gran de area a semellante reto dende o asento do condutor dun autobús urbano? A clave parecía estar nos pequenos detalles, en facer con esmero o que outros tendían a desprezar por consideralo intrascendente. Así, para ninguén pasaba desapercibido o proceder daquel condutor que tiña por costume mirar sempre ós ollos ós pasaxeiros que entraban no seu bus ó tempo que saudaba atentamente a cada un deles. Era un home tranquilo pero moi observador. As enrugas dos seus ollos contrastaban coa xuventude do seu ollar, que parecía disposto a seguir aprendendo de todo o que o rodeaba. Parte do seu segredo residía tamén naquel sorriso magnético, que semellaba variar en cada esbozo coma o canto do paporroibo. Soía conversar coas persoas que ían de pé e facían o traxecto preto do seu asento. Sabía escoitalas, tarefa nada sinxela, e cando interviña facío con prudencia e tino. Esta circunstancia daba confianza ós pasaxeiros que logo de tres ou catro viaxes deixaban de consideralo un descoñecido e comezaban a velo como aquel home que os acompañaba ó traballo de luns a venres e lles axudaba a comezar o día con bo pé. Non eran poucos os pasaxeiros que entraban co ceño fruncido, coa preocupación debuxada no rostro, e pouco a pouco ían tornando aquelas expresións ausentes, esquivas, en xestos cómplices.

Aquel luns primeiro de mes algo inesperado aconteceu. O condutor do sorriso, o home tranquilo, non estaba. O seu lugar ocupábao un rapaz novo que parecía estar no seu primeiro día de traballo. Os pasaxeiros mirábanse contrariados, xesto de sorpresa e interrogante, que pronto se esvaeceu e deu lugar a unha lucidez reveladora. Aqueles homes e mulleres volvíanse mirar como alguén lles ensinara tempo atrás e parecían ter claro o que debían facer. Agora eran eles os que debían sentarse ó volante e decidir que ruta tomar. Había alguén que sempre os observaría dende algures para acompañalos naquela viaxe.
Riera, Martiño
Riera, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES