Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volve a escribir sobre o Centro Galego

lunes, 28 de marzo de 2016
De volta á casa do paseo case diario que adoito dar co Pachín, que é can que cadenciosamente me acompaña polas pistas da parcelaria (nalgún intre reflexionarei sobre isto) e as ermas congostras e vellas vereas de carro hoxe colonizadas por silvas, topei a dous veciños deses que andaron polo mundo e o mundo tamén andou por eles e que agora gozan do privilexio de poder ver crecer a herba sen outras preocupacións cas de aproveitar, por exemplo, estes primeiros días de sol para torar algunhas árbores feridas por mor dos ventos da invernía e cos que fixen un alto no camiño para parlotearmos un pouco de todo e de nada ó mesmo tempo e no medio arranxarmos un pouco o país.

"Gustoume unha columna que escribiches esoutro día", díxome, a xeito dun cordial saúdo que agradecín sinceramente e de contado, aínda sen saber sequera a cal das últimas que teñen saído publicadas se refería.

"Si, home, esa na que falabas de Cuba e do Centro Galego... Que che parece? Un acto simbólico tan importante coma o que tivo lugar o outro día nel e nós coma se nada acontecera!"

"É certo -respondín eu-, primeiro os franceses, agora os americanos e nós, que temos alí a nosa propia historia instalada no corazón da Habana, nin a máis mínima aproximación..."

"E iso que din que a nosa diplomacia é das mellores... En fin! Volve escribir sobre o Centro -aconselloume-, que se ten que saber que alí onde falou Obama está gran parte da nosa memoria histórica...

"Así o farei!"foi como despedín a conversa. E así o estou facendo, aínda a risco de caer pesado, porque creo firmemente dúas cousas.
A primeira é que non soubemos aproveitar o carácter histórico do discurso do presidente dos Estados Unidos no antigo Centro Galego de La Habana para reivindicarnos no mundo e salientar o inmenso e non valorado rol que a emigración galega ten desenvolvido ó longo da historia polos catro puntos cardinais.

Poño por caso: Despois de chegar á casa e antes de poñerme a escribir, consultei a páxina da Xunta, hoxe que houbo Consello de Goberno e o propio presidente ofreceu a correspondente rolda de prensa, e non fun quen de ver (se cadra escapóuseme por algures) o máis mínimo comunicado oficial que salientara que o feito -repito- histórico do discurso presidencial americano tivese lugar naquela casa, tan nosa -verbigracia- coma a catedral de Santiago. O Parlamento Galego aínda está a tempo de corrixilo.

A segunda e de meirande calado -e que reproduzo tamén por indicación de Elías e Manuel, os meus contertulios- é a de denunciar -unha vez máis- a vergonzante ausencia de protagonismo que o goberno español está desempeñando nun episodio xeopolítico tan importante como é a democratización de Cuba.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES