Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O consumo de enerxía

lunes, 28 de marzo de 2016
Consumir enerxía é sinónimo de actividade, de transformación e de progreso. O postulado pode, sen embargo, resultar enganoso e levar a deducións que non se correspondan coa realidade, ofrecendo a imaxe dunha situación optimista ó utilizalo como indicador dun suposto desarrollo que poidera non ser tal. En resumo, as verbas que inician estas liñas fanse realidade sempre que ese consumo estea axustado ás necesidades, tratando de aproveitar ó máximo as posibilidades que a enerxía ofrece.

Os efectos negativos que o gasto enerxético, abusivo ou sen control, acarrea á natureza son ben coñecidos e esta realidade debe concienciarnos nunha actitude restrictiva do seu consumo.Porque o aforro ten ademais unha ventaxe inmediata no recibo da luz, cada vez mais gravoso; por eso se nos recomendan unha serie de medidas conducentes a lograr esa reducción no gasto dos fogares, sen renunciar ó benestar: apagar as luces innecesarias, usar aparellos e lámparas de baixo consumo,etc.

Co aparente fin de convencer ás xentes, as institucións públicas; é decir, os gobernantes, emprenden campañas informativas ó respecto na TV, na radio e nos xornais. Pero o fin é aparente, decimos, porque os mesmos organismos, ou os seus administradores, son os primeiros despilfarradores da enerxía, como todos sabemos. Basta para constatalo aceder a calquera edificio público estatal, autonómico ou municipal: as súas luces aparecen a cotío acesas, mesmo que as dependencias se atopen baleiras ou que, sobre todo no verán, entre a raudais e as invada a luz natural. E ¿qué decir de paraxes inhóspitos que pola noite ninguén frecuenta e se o fai e en coche, e que son miles de horas alumeando para ninguén… e non se trata de catro luces de situación senon, en casos, auténticos alardes de estéril iluminación… Polo tanto, aforro enerxético, sí; campañas divulgativas, tamén; pero hai algo mais racional e eficaz: non botar a enerxía pola borda nun consumo absolutamente innecesario.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES