Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As cousas do Toliño (VIII): Cabrón non é un insulto, senón un adxetivo

martes, 22 de marzo de 2016
Estaba o Toliño en Lavandeiras- Celeiro mirando o descampado onde se celebra o” Resu”.

-Oitenta mil persoas esperan iste ano para o festival-díxenlle a xeito de saúdo.

-¡Non sabes o que me tarda ver tantos rapaces disfrutando da música e da vida con tanta ledicia! Para que logo falen tan mal da xuventude. Moitos dos que protestan sempre son moi desmemoriados e non recordan cando eles rompían cousas e facían trasnadas.

- Mire como teñen o Cargadoiro da Mina. Desfeito de tanto vandalismo como dí o periódico.

- É certo, pero penso que non son precisamente os rapaces. Roubaron os cabres, os focos… convirtirono nun picadoiro e non van nunca a limpalo e axeitalo. Pero tamén, é preciso vixilar e castigar en condicións os vándalos. Rompe-las cousas porque sí, sen sacar ningún proveito dilo, non só é irracional senón que non leva a ningunha cousa.

-¿ Vostede está favor dos castigos?

- Pois claro, paspallán. Agora moita xente anda á busca-las alternativas como a educación, as oportunidades… Iso non é malo porque sí, ata é bón, pero hai cousas que se amañan doutro xeito e un deles son as multas, que é un idioma que entende todo o mundo. Se o que rouba as farolas ou os bancos públicos pagara catro o cinco para reponer, seguro que o pensaba antes de roubalo. O que non se pode aguantar por maís tempo é tanto gasto da arcas públicas en reponer cousa para que veña calquer carallán e rompa todo porque lle sal do… ¿ entendes? Hai que pensar tamén na xente que paga os impostos e ve que de cada pouco se gastan nistas cousas tantos cartos.

- Hai que vixilar…

- Por suposto. Os municipais, a policía, a garda civil están para isas cousas non para visita-los bares.

- Mire que non se pode falar moito disas cousas pola lei “ Mordaza”.

- Non estou a falar mal das forzas de seguridade senón esixíndolle, a quen a mande, que cumplan cos seus deberes. Todo funcionario público débese a defende-los intereses da ciudadanía e nisas obrigas están vixiar o patrimonio público. Hai moita sensibilidade a flor de pel en moita xente, pero non somos nós precisamente quenes os ven como enemigos. Son servidores da sociedade e aí cada un tén a súas obrigas. Podría dicirche cousas que vín eu e autoridades… e toma-las medidas. Supoño que agora non será como fai vinte anos, por exemplo, que os municipais que deberan vixilar de noite durmían no vello Concello. Funos buscar porque unha noite non podía descansar pola movida, porque a un cabrón lle dera por toca-la trompeta na rúa a catro da mañá,

- Xa está a insultar…

- ¿Por chamarlle cabrón a un tipo que non deixa durmir a ninguén porque lle sal dos ..xa me entendes?.¿Qué lle chamo, frai Junipero?. Os insultos son outra cousa. Niste caso ninguén sabe que persoa foi, pero o adxetivo calificativo tén unha función na lingua.

- Mire, e perdoe,véxolle un ramalazo fascista…

- ¡O último que me faltaba oír! Mira, rapaz, cada un tén a súa historia e coma tal hai o que se chama o currículum, e o meu xeito de ve-la vida non obedece a ningunha ideoloxia dominante. Fascistas hainos, cecais en demasía, pero téñoos que soportar todo-los días.Tampouco son esquerdoso radical… son un bicho raro, iso sí. O que é cada un vese cando hai que estar no sitio. Ves, paspallán, como non te enteras de nada.

Ó mellor…

Voume, que levo presa. Vou a saca-la entrada para o Resu e cantar con Iron Maiden.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES