Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo pasa?

jueves, 17 de marzo de 2016
Pasan os días, pasan os anos, pasa esto, pasa aquelo…
Todo pasa. Todo o que facemos, todo o que dicimos, todo o que deixamos de facer ou de dicir; todo pasa.

Desde o momento da nosa concepción, empezamos unha andaina cargada de acontecementos de todo tipo que, paso a paso vanse quedando atrás:

-Un bo día empezaron a nacernos os primeiros dentes de leite, pero ó cabo dun tempo levóunolos un ratiño pillabán, e xa non os volvemos a ver máis.
Pouco a pouco foron nacendo outros e co paso do tempo tamén foron desaparecendo algúns ou todos.

-Recibimos moitos coidados e mimos na nosa infancia e co paso do tempo fómonos emancipando e cambionos a vida.

-Fomos á escola ou á universidade un tempo e agora só nos queda o recordo dunha etapa da nosa vida máis ou menos feliz.

-Exercemos a nosa vida profesional o mellor que puidemos e soubemos, pero un bo día déronnos a xubilación.

Pasan os nosos avós, pasan os nosos pais, pasamos nós..
É así o proceso normal da vida.
O reloxio da vida sempre vai cara adiante.
¿Qué queda entonces?

A min paréceme que quedan moitas cousas:

-Quedan os pensamentos de persoas célebres, de tal modo que podemos saber como pensaban na antigüidade.
De tal xeito que agora sabemos como foi a historia pasada.

-Quedan os valores universais de convivencia

-Quedan os froitos de todo aquelo que se fai ou se di con amor: descubrimentos, literatura, filosofía, arte, música, adiantos de todo tipo…

-En resume, a día de hoxe; quedou o resultado de todo canto loitaron os nosos devenceiros: por eso disfrutamos da roda, do lume, da escritura, das obras literarias, da boa música, da electricidade e un sen fin de cousas e vivencias.
¿Qué consecuencia podemos extraer de todo esto?
A min paréceme que todos podemos aportar moito ós que nos sucedan:

-Valores na vida de familia.

- Valores socias.

-Valores culturais.

-Valores espirituais.

-E tamén bens materiais de todo tipo.

Cadaquén según as sus posibilidades, porque o que está claro e que dunha maneira ou doutra todos imos pasar á historia.

Todo canto nós dicimos ou facemos, para ben ou para mal, queda na memoria das persoas que nos rodean, do mesmo xeito que nós recordamos e disfrutamos con cariño todo o legado das persoas que nos precederon.

É moi gratificante deixar bos exemplos por onde queira que pasamos. Eso que vulgarmente chamamos: “deixa-la porta aberta”.

Pero aínda é máis gratificante VIVIR EN PAZ INTERIOR.

-A paz interior favorece a saúde física, emocional, psicolóxica e espiritual.

-A paz interior contribúe á boa relación coas persoas que nos rodean.

-A paz interior favorece as relacións familiares e as veciñais.

-A paz interior mellora a calidade de vida producindo a satisfacción do deber
cumprido.

¡Qué satisfacción non se experimenta cando se contempla un labor ben feito!

Non importa que ese labor sexa algo algo moi humilde, algo
de pouco valor; porque o resultado pode ser moi grande se lle damos tempo.
“LABORES SENCILLOS DE MOITO VALOR”

Este será o título do seguinte artigo.

Quero darlle as grazas por terme na súa consideración e por tódolos seus esforzos a prol do benestar social, porque todo canto vostede leva dito e feito, nada caeu en saco roto.

Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES