Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A revolución de Internet en Galicia

miércoles, 25 de octubre de 2006
Aínda non. Os tempos inda non, non son chegados. A pesar da revolución que Internet supón, e de que de cando en cando os gurús da comunicación, ou da economía, ou da política lles da por anunciar que Internet está a punto de chegar á súa plenitude.

A última cita para escoitar cousas fermosas sobre este noso mndo foi en Valencia, onde se celebra o primeiro Congreso Internacional de Novo Xornalismo, e con este motivo o Presidente da Generalitat valenciana proclama que o periodismo “é unha ferramenta para constituir sociedades libres e democráticas” e para que os cidadáns adquiran a capacidade de ser críticos coa realidade.

O Príncipe Felipe destacou que o novo xornalismo estaba protagonizado polo áuxe de Internet; un veterano periodista internacional loubou os blogs – aínda que xa se di que están en decadencia – e Alex Grijelmo, Presidente de Efe abogou por atopar a sintaxe que permita que Internet herde –texto, fotografía, audio e video- a hexemonía do xornalismo audiovisual.

Ahí hai que chegar. Internet aínda está agardando a súa revolución. E aínda así está facendo tremer as columnas que sosteñen o aparentemente sólido edificio da prensa escrita e dos medios audiovisuais.

Que esto ocorra en Galicia é so cuestión de tempo. Porque aquí as cousas sempre pasan máis tarde. Pero acabarán chegando. E atoparannos preparados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES