Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Como un soño en liberdade

lunes, 14 de marzo de 2016
Como un soño en liberdadeNon podo. Non podo estar cerca dunha biblioteca. Cando levei a un rapaz ó adestramento de baloncesto no pavillón dos Remedios, polo camiño, no coche, solteille todo un monólogo de que non, de que hoxe non pasaría pola biblioteca porque aínda tiña dous libros para ler, e se collo outros, pois o típico: os prazos bótanseme enriba para a súa devolución. E non fun. Durante case unha hora. Porque aínda non transcorrera unha hora cando me dixen que vale, que unha ollada non me facía mal ningún, ou que vale, que aínda que collera un tampouco era gran cousa. E fun. Empecei a fochicar e a consultar unha listiña que teño comigo. No estante das novidades non había ningún da lista. É igual… xa que fun. Pero non pillei un, nin dous… foron tres! Un deles de 700 páxinas. Viva o monólogo que lle soltei a Xoel! Non vou. Teño para ler. Xa irei outro día. Predícame cura, predícame frade. Non podo evitalo! É superior ás miñas forzas! Un libro é algo máis que unhas páxinas escritas. É como cando se ilumina a pantalla dun cine. Un libro é como un soño en liberdade. Agora toca soñar a marchas forzadas porque os prazos están aí. Pero soñar é tan bonito! Por certo, vou soñar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES