Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O compromiso do Langui

miércoles, 16 de marzo de 2016
Hai máis ou menos un mes, o coñecido rapeiro e actor Juan Manuel Montilla, “El langui” comezou unha particular loita pola accesibilidade nos buses da comunidade de Madrid, chegando a bloquear varias liñas. É unha magoa que alguén teña que chegar a este extremo nun país que se considera plenamente democrático e disque igualitario.

A verdade é que xa somos moitos os que non creemos nese marco teórico porque non se cumpre nin sequera no máis fundamental, no que cae de perogrullo, nese sentido común que a miúdo desaparece da vida colectiva. Refírome ao concepto de accesibilidade universal que foi lexislado no ano 2003 e que aínda hoxe non se cumpre.

Cando “El langui” bloquea unha liña de bus, está loitando polo futuro e o porvir dun país que sexa capaz de mirarse sen excluír partes de si mesmo, partes fundamentais que sen dúbida o humanizan e o farán mellor; pero, postos a ser insolidarios dende un punto de vista totalmente egoísta e radicalmente oposto ao espírito que move ao Langui, a accesibilidade universal é un seguro de vida para todos xa que todos podemos caer nunha discapacidade temporal ou permanente. Simplemente, o feito marabilloso de ter un fillo supón unha merma de accesibilidade polo feito de levar un carriño.

O Langui asume ser o líder dunha loita polo sentido común, unha loita por un futuro igualitario no que todos poidamos ser beneficiarios dos dereitos constitucionais e a mobilidade é un dos máis importantes. Polo tanto, súmome con gusto ao compromiso do Langui que, pouco a pouco, se vai estendendo polas distintas cidades do país porque nese compromiso técese o futuro dunha sociedade igualitaria e chea de oportunidades acordes con cada xeito de ser e estar. Que nunca falte o activismo solidario que nos leva cara a evolución!
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES