Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A seguridade comeza na escola

jueves, 19 de octubre de 2006
Prácticamente todo comeza na escola. Para ben ser, todo tiña que empezar na casa, onde os país e o resto da familia van formando desde o primeiro día ó futuro cidadán de acordo co seu leal saber e entender.

Pero para os pequenos, os temas serios, de convivencia, de enfrontarse con realidades diferentes, por desgracia non se plantean normalmente no seo da familia, onde son os auténticos reis, mandan de xeito absoluto, e teñen que chegar á escola para que saiban de forma práctica que o seu poder e os seus dereitos rematan no mesmo lugar onde empezan os dos seus compañeiros.

Así que é no Colexio onde comeza a vida real para os nosos nenos. E alí é onde queren incidir as institucións que estiman debe formarse ós novos membros da sociedade en tódolos ámbitos posibles para conformar unha persoa preparada para enfrontarse ó mundo.

Nos colexios é onde quere incidir a Consellería de Traballo, según ven de anunciar o Conselleiro satisfeito de que a mortalidade laboral veña de descender en Galicia algo máis do trinta por cento en relación co pasado 2005.

Querendo que estes resultados sigan a mellorar, atacarán a través dos centros de ensino de primaria e secundaria con material informativo, adhesivos, carpetas, lapis de cores e bonecos da mascota da campaña, que é un ollo atento ós perigos que nos rodean.

A campaña incidirá nos nenos e nos seus pais, aínda que tódalas campañas teñen as súas limitacións, pero a boa intención parece estar asegurada.

A seguridade empeza na escola, e debera ser unha asignatura ou materia a estudiar, como o tráfico, as drogas, a sexualidade, ou os comportamentos sociais. E algún día, confiamos, así será. Polo pronto, ben vida sexa a campaña que informe ós galegos máis novos de que o traballo non ten porque levar aparellada a morte para ninguén.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES