Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Calvo, claro!

miércoles, 18 de octubre de 2006
Hai anuncios que nos conquistan, e o de Calvo a eses efectos foi definitivo.

Mentras nos bombardeaban coa mensaxe de “Calvo, claro” xogábase co nome da empresa e a calvicie dos protagonistas; coa claridade da evidencia e a blancura do mellor atún.

E a frase entrou a formar parte do noso conversar cotián como ocorre cos mellores achádegos da expresión multiplicada por millóns a través dos medios de comunicación.

Os de terra adentro non tiñan conciencia da galeguidade de Calvo, manifesta de xeito especial nos lugares onde a empresa está asentada. Agora, xa todos temos evidencia da galeguidade, e sabemos que cando algo se vende (algo que dalgún xeito tamén é noso) corre perigo de desaparición.

Fadesa foi unha badalada. A segunda, Calvo. Empresas que cambian ou poden cambiar de dono. Tema que non debera preocuparnos demasiado se aquí como en toda Europa rexese o libre xogo da oferta e da demanda, os asentamentos das empresas estivesen garantidos, os postos de traballo non perigasen, e a globalidade non movese capitais e vontades de xeito imprevisible.

Por Fadesa interesáronse as máximas autoridades da Xunta, e parece que recibiron certas seguridades de continuidade en Galicia. Por Calvo, que por agora parece prematuro, tocan a rebato as campás inmateriais das nosas preocupacións temendo ter que ter medo no futuro.

Calvo, claro, é unha empresa punteira na que moitos están interesados polo ascenso que suporía na escala industrial do mundo da pesca calquera empresa que a absorbera aínda que – como indicaron directivos da empresa- “se dedicase a fabricar galletas”.

Van dúas, pero nin son as primeiras nin serán as últimas. Porque das empresas vemos a actividade externa, pero hai outra actividade moito máis importante – enxeñería financeira ou como queira chamárselle – que é a que verdadeiramente decide os futuros.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES