Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aprender para traballar

martes, 17 de octubre de 2006
Durante séculos, o xeito de aprender un oficio baseábase na convivencia entre profesor e alumno. Os rapaces trasladábanse moi novos á casa dos respectivos mestres para coa convivencia e o traballo ir formándose no cometido que ía inspirar toda a súa existencia.

Os aprendizaxes evoluíron cos tempos e a ensinanza a tempo completo foi desaparecendo, limitando o periodo de formación ás oito horas legais de traballo establecido.

Ata que chegou a Formación Profesional. Con ela entendimos que a vella aprendizaxe quedaba obsoleta e quedaba, como máximo, nun complemento, prácticas ou especialización.

Xa nos ocupamos hai pouco do resultado da F.P., cun escaso 2% de titulados que son capaces de traballar de xeito autónomo. Eran resultados da Consellería de Educación.

Agora resulta (datos da Consellería de Traballo) que o 60% dos traballadores galegos non teñen ningún tipo de cualificación profesional derivado de formación educativa. Logo, téñense formado a través da experiencia e do contacto con profesionais.

Ou estamos menos modernizados do que pensamos, ou o anterior sistema funciona mellor do que supoñiamos. O certo é que este País non está tan regulamentado como coidabamos, e seguimos a funcionar como a tradición nos marca, conforme as posibilidade de cada quen, e con arreglo a un lema que se parece bastante ó “Sálvese quen poida”.

Aprender para traballar de xeito regulado non parece valer para moito. Aprender de xeito tradicional ten condicionamentos desde o comezo, pero parece ser o método elixido pola maioría dos futuros traballadores.

Algo debe ir cambiando na educación para que os estudiantes de F.P. sallan mellor preparados, fomentando a formación nos sectores emerxentes, facendo prácticas axeitadas ás facultades dos rapaces, e fomentando o autoemprego, o cooperativismo e a creación de pemes.

Moito ten que cambiar neste País para que notemos que por fin se move.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES