Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Isto vai a algures?

lunes, 29 de febrero de 2016
Leo as diverxencias de criterio que transcenden entre os responsables dos concellos de Trives e San Xoan de Río e máis alá da casuística singular -é dicir, da letra pequena- que sempre hai neste tipo de desencontros locais e que son os que lle dan explicación ós conflictos, e xórdenme unhas cantas cuestións de carácter xeral sobre o vello e non menos manido asunto das fusións de municipios, que vai intrinsecamente ligada ó debate sobre a viabilidade das deputacións provinciais, por máis que polo de agora ninguén ousara acometelos en conxunto.

Leo estas diverxencias, ligadas ó mantemento do funcionario que ocupa a secretaría-intervención, uns días despois de ter lido, con aparato eléctrico de lucería mediática, o anuncio do inicio da fusión de dous municipios do outro lado das serras do Faro e de Avión e pregúntome se esta política de pingadelo vai cara algures e se non será, simplemente, o que acabo de dicir, xogos efémeros de lucería para dar a ver que se está facendo -mellor dito, que se está celebrando- algo, pero que no fondo ninguén ten ganas de acometer.

Realmente, pode alguén crer que vai solucionar algo o feito de que haxa dous anos e pico que dous pequenos municipios da Coruña levaran a cabo a súa unión administrativa de feito, agora dous a nos e pico despois, sexan dous de Pontevedra e dentro de media ducia de anos poidan ser outros dous ou tres de Lugo ou deste Ourense minifundista tamén en termos municipais?

En verdade cábelle a alguén na cabeza que a racionalización administrativa de Galicia vai ser solucionada nalgún momento deste xeito?

Eu, sinceramente creo que non. Como tampouco creo que en canto non sexa encarado o problema cun amplo consenso político e de forma global, é dicir, a nivel nacional (loxicamente tendo en conta as casuísticas demográficas e xeográficas de cada Comunidade Autónoma) e planificando conxuntamente a reordenación municipal co papel que deben xogar ou non xogar as deputacións provinciais, non se resolverá xamais a problemática da administración local do Estado.

Se se aposta por conservar municipios de 500 ou 600 habitantes (ou de 100 ou 200) en moitas provincias de Castela, é evidente que as deputacións manteñen toda a súa vixencia. Mentres que se se aposta por unha unión de facto ou unha comarcalización de servizos, as deputacións perderían todo o seu sentido.

O que realmente non ten sentido é pensar que este xogo das pingadiñas no que andamos entretidos vai dar para encher algún día o bocoi das necesidades da Administración Local galega e española.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES