Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Del revés

miércoles, 02 de marzo de 2016
Esta semana convidáronme a ver unha película de animación do ano pasado que me sorprendeu. O seu título é “Del revés” e ten como protagonista a Riley, unha nena de 6 anos que ten que mudar de cidade con todo o que iso implica.

A partir de aí, a trama central desenvólvese no interior de Riley para explicarnos como as emocións forxan as nosas respostas á realidade.

Riley vive un auténtico terremoto que a inestabiliza e lle fai pensar e repensar moitas cousas. Isto provoca medo, enfado, tristura, noxo e ledicia. O dilema está na emoción que queremos que pilote a nave en cada momento. Vendo o desenvolvemento da trama, un chega á conclusión de que non existe ningunha emoción prescindible: todas son necesarias para responder aos distintos momentos da vida. A vida ofrécenos momentos para aprender a través das emocións e neles temos que xestionar a intensidade coa que vivimos os feitos.

É algo complicado polo que teremos temporadas difíciles, incluso podemos pasar por episodios de depresión. Non en tanto, temos que saber que se trata de feitos plenamente humanos que constitúen auténticas oportunidades de aprendizaxe interior. Algo así como unha renovación do carné de conducir do noso interior ou, mesmo, un recordatorio do noso ser inacabado que nos obriga a unha aprendizaxe permanente. Para Riley, un traslado obrigatorio supuxo un extravío do sentido da vida; pero, pouco a pouco, se non nos rendemos o novo sentido da vida vai aparecendo. Non falo de algo sinxelo nin doado. A veces, será imprescindible buscar axuda para recorrer este camiño pero se creemos en nós mesmos, se indagamos no noso propio interior e se valoramos as oportunidades máis alá da negrura, poderemos explorar novos camiños.

Xestionar cada emoción é a mellor maneira de pilotar o noso propio destino e o xeito de forxar un carácter capaz de facer e construír con unha impronta auténtica.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES