Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Rosendo, bispo en Foz

lunes, 29 de febrero de 2016
Este martes, 1º de Marzo, o santoral da Igrexa Católica celebra o día de San Rosendo, efeméride que nos toca moi de preto pois trátase do patrono da nosa diócese, e sobremaneira ós focegos, xa que o mesmo foi bispo en San Martiño e, segundo conta a historia, o gran impulsor da hoxe basílica, o fito cultural e histórico/lendario mais transcendente do noso concello.

Nacera no ano 907 en Santo Tirso, preto de Oporto. Bispo tamén en Iria Flavia e Compostela e creador-protector de mosteiros: fundador do de Celanova. Acaso o persoeiro mais importante da Galicia do s.X, a súa obra abrangue os mais diversos aspectos. Personalidade que entronca coas principais vellas estirpes da nosa terra, no pazo de San Martiño residía co bispo Sabarico II, seu tío que de
Dumio trouxera a Sé Episcopal e baixo cuxa protección se formaba.

En 925 finou aquél quedando vacante o bispado; o sucesor debìa elixirse entre os clérigos daquela igrexa e resultou escollido Rosendo, aínda que él non aceptaba de bó grao dada a súa idade de tan só 18 anos; pero día a día o seu nome gañaba en respecto e prestixio: non se díu conflicto na Galicia daquela época sen que fose invocado como único que podería tranquilizar os ánimos, poñer remedio e dar solución ós mais agrios e ásperos retos.

Polo 934 concebíu a idea de fundar un gran cenobio e consagrou á obra tódolos esforzos, deixando para a posteridade a magnificiencia do Mosteiro de Celanova.
Santo Tirso é un dos mais fermosos rincóns do Douro Litoral, onde cada lugar é un xardín e unha xanela aberta sobre a verdescente paisaxe. O mosteiro de San Benedicto, no centro urbán, fundado no s. X, dinamizou o devir da cidade. Monumento Nacional, no museo exhibe os achados arqueolóxicos locais e nel celébranse variadas exposicións: cando hai uns anos nós o visitamos ollamos unha moi curiosa de guitarras e violas. Para nós Santo Tirso é a “vila-xardìn”, lugar precioso!. Nas rúas e espacios públicos abundan as àrbores, as flores, a vexetación, nun entorno urbán armónico, sen estridencias: un bó espello no que mirarse…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES