Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xirando na espiral

sábado, 27 de febrero de 2016
Chego á poesía de Tamara Andrés Padín (Combarro, 1992) mercé a Xirando na espiralNenaespiraes, o volume co que se estrea Medulia Editorial, selo coruñés que recolle nel os versos gañadores do Premio de Poesía da Agrupación Cultural O Facho 2015.

Pescudo na lapela do libro e descubro que, malia contar con tan só vinte e tres anos, a autora publicou xa unha novela -Amentalista (2015)-, viu como un outro poemario seu, Xogos surrealistas, foi incluído no colectivo Premios 2014 de Relato, Poesía e Tradución da Universidade de Vigo (2014) e contribuíu ao catálogo de BIVIR coa tradución de Bruges-la-Morte de Georges Rodenbanch. Só con este currículo abondaría para convencerse da paixón literaria da autora, mais acabo por saber tamén que leva colaborado nun bo feixe de revistas e plataformas dixitais (Criaturas, Obituario, Independent Journal of Interdisciplinary Arts, La piedra de Sísifo etc...), que ideou webs de tradución e escrita múltiple, foi guionista e obtivo varios outros premios literarios.

Con esta bagaxe, enténdese que Nenaespiraes, aínda sendo o primeiro poemario exento de Andrés Padín, resulte máis maduro do que é adoito Xirando na espiralnunha voz emerxente, o que explica a notable presenza de lecturas e diálogos que nas súas páxinas se establecen coas máis variadas ascendencias: Wittgenstein e Magritte, Novoneyra e Manuel Antonio, Breton e Delvaux, María do Cebreiro e Estíbaliz Espinosa ou Rimbaud e Bachelard, entre outros.

Partillado en dúas grandes seccións, Nenaespiraes é unha vertixe espiral, unha viaxe en volutas concéntricas e centrípetas que vai dende a voz poética adulta ata a procura da nena de luz que se perdeu polo camiño e, xirando sobre si mesma, tenta aprehenderse do outro lado do espello, ser Alicia caendo polo tobo da memoria que a devolva á orixe alba, ao tempo incontaminado, ao territorio das certezas e as seguridades todas, ben arredada do presente impredicible e hostil que a circunda.

Polo camiño van as metaliteraturas da palabra que tenta ser quen do inefable por riba de calquera Tractatus, os desdobramentos do eu e os reversos especulares en paralelo a Castaño, a arquitectura escénica da voz lírica e moito de cadro logoicónico, surreal ata a medula.

Os poemas como rizomas creban nas imaxes, por veces vólvense caníbales, outras falsamente modernistas, en ocasións ata caligráficos e sempre frechas dun tempo espiroide, dun mergullo no construto da identidade que non elude a (auto)crítica e a ironía, as interrogantes retóricas como dagas sen retorno posible.

Esta silva da pureza das orixes, das alteridades exploradas, as catarses rememorativas, viaxes incertas, rinocerontes esnaquizados, poetas antropófagos, eclosións interartísticas, Eurídices coevas, liñas contaminadas, campos intraliterarios, fuxidas libres e inútiles, biografías de beizo resecado e explosións craneomorfolóxicas son as Nenaespiraes coas que Tamara Andrés Padín poboa estas planas prologadas por outra poeta, Lucía de Fraga. Unha escrita de “liña envolvente,/ hipnótica/ fatal e infinita”, un dicir en “folla límbica”, un horizonte ou “lugar onde todo conflúe”, os límites da linguaxe derrogados para instaurar un novo coutar(se): os confíns da esencia propia, resistindo Medulia.
Requeixo, Armando
Requeixo, Armando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES