Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Se as vacas funcionan…

jueves, 25 de febrero de 2016
Igual có Guadiana, que aparece e desaparece ó albedrío da orografía do terreo. E do mesmo có Senado, que tamén aparece e desaparece do debate público en función dos intereses duns e doutros, de novo salta ó patio o vello, manido e nunca -polo de agora- resolto asunto de se hai que acabar definitivamente ou non coas Deputacións provinciais.

Primeiro tróuxoo a colación o efémero documento do efémero vicepresidente do non nato goberno "reformista y de progreso" que dis que quería formar o líder de Podemos denantes mesmo de se sentar a falar co líder dos socialistas.

Concretamente, na páxina 70 do devandito dosier gubernamental, dentro do capítulo relativo ó "recoñecemento constitucional da plurinacionalidade", os redactores do paquete de propostas avogaban pola "disolución das Deputacións provinciais (a excepción das deputacións vascas)", razoando tal proposta en que "a división provincial é disfuncional e debedora dunha concepción centralista do Estado", razón pola cal "sería necesario suprimir as deputacións provinciais, a excepción das forais en tanto que forman parte do deseño institucional propio dos territorios vascos e son órganos de elección directa".

Logo escoiteillo ó ínclito presidente de Cantabria nun programa de televisión. Escoiteille avogar tamén pola desaparición das deputacións "a excepcións das vascas". E escoiteillo, evidentemente, abrindo as orellas coma antenas parabólicas, non en van o propio autor da proposta é presidente dunha que se chama"deputación regional".

Onte, xa máis en serio, por iso de formar parte dun acordo solemnemente asinado polos líderes do PSOE e de Cidadáns, leo na páxina 64 do devandito documento, que hai que "suprimir as deputacións provinciais de réxime común e creación de consellos provinciais de alcaldes para a atención ó funcionamento e a prestación de servizos dos municipios de menos de 20 mil habitantes da provincia respectiva".

Leo todo isto e consúmeme unha dúbida que tratarei de razoar -como dicía o poeta- "diante de vos".

Por qué, querendo que desaparezan do mapa institucional as Deputacións, todos salvan ás vascas?

Velaí as dúas razóns que semellan seren de peso: Por que son recadadoras de fondos e por que son "órganos de elección directa".

E digo eu, entón. Se as deputacións forais son asumidas por todos como organismos axeitados de xestión, por qué -pregunto- non botamos un órdago á maior e no canto de suprimir as outras corenta e pico, non lles outorgamos o mesmo estatus recadador e lexislamos para que os seus responsables políticos sexan elixidos por elección directa, como seica son os deputados forais?

Semella dunha lóxica aplastante?. Se as vascas funcionan, apliquemos a mesma fórmula para o resto. Non?
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES