Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lugo-Ferrol, un pasodoble, dous alcaldes

martes, 10 de octubre de 2006
Un Alcalde representa a tódolos habitantes do seu concello. Un alcalde é a máxima autoridade do seu concello. Un alcalde é sempre alcalde, no oficial e no particular, de día e de noite, no comportamento externo e no interno. Un Alcalde está sempre de servicio. E tódalas súas accións están sempre baixo o imperio da Lei, pero tamén baixo a fiscalización de tódolos seus veciños.

Mágoa que os alcaldes de Lugo e Ferrol esqueceran estas normas que non fai falla que estean escritas, esqueceran as formas, e tocaran trompetas de guerra o día no que a cidade de Lugo celebraba no San Froilán o Día de Ferrol.

Esqueceron que un Alcalde está por riba do seu partido e puñéronse os dous a defender do peor xeito os seus partidos. Na recepción oficial de homenaxe entre cidades, diante do pasmo xeral, perderon as formas e o sentido común.

Lugo-Ferrol é un pasodoble de Gregorio Baudot que naceu para destacar a irmandade entre dous pobos que se estreita especialmente nas festas do San Froilán.

Non é obrigado seguir os compases do pasodoble. Pero sí o é ter a festa en paz en lugar de discutir publicamente por temas que poden ser razoados durante todo o ano.

Mágoa que dous alcaldes bailen pasodoble con paso cambiado. Mágoa que Lugo e Ferrol teñan que pasar por algo que non merecen. Mágoa que as mellores festas populares do occidente, e as dúas cidades implicadas, teñan que pasar pola vergoña de estar mal representadas no que debía ser un día de festa, pero no que os seus alcaldes tiveron un mal día.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES