Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A praza das festas

martes, 10 de octubre de 2006
O Xeral-Calde esqueceu o antigo nome en cambio non traumático que nin se notou.

Co mesmo vello nome de reminiscencias bélicas, queda a praza na que se xuntan os rapaces por milleiros como en tempos pasaban a centos os seminaristas. Na que antes as referencias eran os seminarios e hoxe -ampliada- vai desde a casa de cristal escuro ata as que xa se coñecen como “torres xemelgas” ou “lucus pelotazo center”, á que hai que rebautizar urxentemente para evitar que os lucenses o fagamos de xeito impropio.

Nos meus tempos festeiros, Santa María era o lugar perfecto para concertos. Medraron os escenarios, medra o número de espectadores, e xa que ninguén se atreve a facer da praza Maior unha María Pita hai que buscar outras ubicacións, e a nova praza parece perfecta. Alí vin a Rosario, e a praza conquistoume. Como festeiro pasivo felicito ó que tivo a idea de facer festas nesta praza.

Na Miña Vilalba hai unha rúa que os vilalbeses bautizaron como “Rúa do Xamón”. Eu, antes de que os lucenses a bauticen, propoño para esta o nome de “Praza das festas”. Por se acaso. Porque o pobo cando quere sabe ser orixinal, incisivo e xusto. ¡Quen sabe como poderían chegar a chamarlle!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES