Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As cousas do Toliño (V)

miércoles, 24 de febrero de 2016
Ó meu amigo Zardoya desexándolle unha feliz recuperación.

A AMISTADE NACE EN CADA UN
No antigo Cargadeiro da Mina de Viveiro atopei óToliño lendo un libro. Alegrouse de verme.

-Acó me tés, na terra de Jaume Matas, outra xoia da coroa de ista España, patria da picaresca e patrimonio de ladróns. Vai ti a saber cantos cartos costou ista obra e se tamén roubou acó. Non sería nada extrano.

- Non pense mal, home-dixenlle eu. Fixo unha boa obra porque sei que era amigo dun antigo alcalde.

- Mira, rapaz. Eu non xuzgo a nadie, a Jaume Matas xúsgao a xustiza, igual que a Rodrigo Rato, outro “ilustre”. Hai un refrán que di: “Mira con quen andas…” Eu teño moitos defeutos, pero miro moito quenes son os meus amigos. Unha cousa son os compañeiros e outra os amigos, e os meus non rouban.

- Xa sabe que iso pode pasarlle a calquera. A amistade é moi complicada. Eu tiven algún amigo que tivo problemas.

- Pensa a ver. Algo roubarías, eu tamén o fixen e, aínda que foran pequenas cousas, a alguén defraudaría. Ninguén é limpo de todo. Agora ben, hai graos. En canto a amistade cómpre ver que non nace sola, nace en cada un, vai fervendo como froito da convivencia cós máis. E iso acostuma a ser o reflexo de un xeito de entede-la vida. Cada un faise amigo daqueles que valen a pena, e debe coidar isa amistade sempre, sobre todo, si o outro tén un problema, ha de estar sempre con il. Eu tiña un amigo moi rico e hoxe anda a velas vir. Pois para mín sigue a ser o mesmo que antes. E, atende ben, é moi importante axudarlle, aínda que só sexa con consellos.

- Por certo o outro día díxome que non existían as crases sociais.

- Dixencho e mantéñoo. As crases sociais existen para aqueles que usan a vara de medir dos cartos, pero xa cho dixen, eu non mido a ninguén por isa vara, nin polos títulos, nin pola intelixencia…eu mido só pola bondade, pola honradez, polo traballo, polo esforzo, pola loita, porque está fervido pola vida e sabe o que quer… Non me gostan os cómodos, os folgazáns, os contistas que viven sen traballar… tampouco me gustan os que non se cabrean nunca, os que calan diante dos abusos, os que lles pechan a boca ós nenos, os que non denuncian as trapalladas, os miserables que andan detrais dos ricos para reírlles os chistes ou chuparlles un viño…

- Vaise quedar só.

- Xa o sabes, val máis só que mal acompañado. Hai cousas que deberas saber, por exemplo, a calidade humán non se mide polos aplausos que unha persoa poida lograr, senón pola limpeza de concencia coa que se deita… Vesme acó só… pois estou moi tranquilo, lendo cousas que me interesan, lonxe da xente.

- Disfrutando tamén do paisaxe.

- Pois claro, hai moita xente que mira, pero non ve, hai que busca-la beleza e eu disfruto coa formas das nubes, cos traballos dos peixes no fondo do mar, cós soños dos mariñeiros que están pescando… cousas sinxelas… tan sinxelas e maravillosas como a contemplación dunha flor.Ti seguramente non entendes nin ren do que che digo.

- Xa estamos faltando…

- non te enfades, ho, que para entende-las cousas hai que estar cocido e ti aínda non das un pucheiro.

E nesta ocasión funme eu farto de que se ría de mín. E il quedaba escarallándose de risa.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES