Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para que non vexamos o bosque

viernes, 06 de octubre de 2006
Diante de nós colocan tódolos días pequenas árbores ou arbustos para que non vexamos o bosque que está detrás, que nos corresponde, que nos furtan, e que cando nos deixan acceder a el é pOrque xa non hai nada que ver.

Suben un cuarto de punto os intereses, e plantéase como unha medida de contención dos gastos, de loita por manter un mErcado sen excesivo consumo. Pero aínda que nolo explican, non sabemos exactamente como vai ser a repercusión nas nosas economías, pola revisión automática dos xuros que, como mercadores de servicios, imos soportar de inmediato das entidades financiadoras das compras de vivendas.

Baixa o petróleo. Afeitos como estabamos a un mercado no que os precios do crudo estaban arredor dos vinte euros, pasa en moi pouco tempo a costar arredor dos sesenta, e asumidos os novos niveis dannos a diario a noticia da baixa duns centavos nesa cotización, en permanente desafío ó sentido común. Se o petróleo é producto de vellísimas especies vexetais, árbores son para non deixar ver o bosque.

Menos mal que os redondedos en aparcamentos e telefonía van ser suprimidos por unha Lei da que o goberno ven de aprobar o proxecto, evitando que se nos estafe céntimo a céntimo para conseguir resultados multimillonarios en contas empresariais. Neste caso, o bosque ábrese a nós despois de estar tanto tempo oculto.

Mágoa que haxa tantos instaladores de árbores en primeiro plano para tapar o bosque do fondo. Mágoa que haxa tantos intereses e tantos interesados en que vivamos lonxe da realidade atiborrándonos de datos, de noticias, de detalles moitas veces irrelevantes, de xeito que parecéndonos estar informados estamos inmersos nunha realidade que non coñecemos ben, e na que os beneficiados sempre son os outros.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES