Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quásar literario

viernes, 12 de febrero de 2016
Unha das cousas que máis asombra de Xavier Lama é a súa portentosa capacidade para ir dun a outro xénero literario. O mesmo fatiga o relato Quásar literariofantástico que a poesía intimista, igual o teatro xacobeo que ao artigo de opinión.

Por iso, cando caeu nas miñas mans Ela, piedade dos suicidas souben dende o primeiro momento que o feito de que lle fose concedido o XI Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques (Modalidade Adultos) había ser apenas outra suxestión, unha roupaxe formulística que talvez non se axustase á auténtica esencia textual que aniñaba no espírito do de Guntín.

E a intuición non me fallou. Ela, piedade dos suicidas non é, malia o aparencial, unha peza dramática. É, si, un longo poema enmarcado parateatralmente onde alternan os versos pautados entre barras con aqueloutros que flúen como é adoito. Mesmo por veces é o poema en prosa o que goberna o temón desta historia, que resulta, así, unha orixinal hibridación transxenérica.

Coido que a materia que Lama tiña de labrar nesta obra esixía esa versatilidade, pois non era reto menor atopar un xeito de recodificar, en pleno século XXI, unha historia da mitoloxía clásica sobexo coñecida.

Xa que logo, Ela, piedade dos suicidas pode lerse, se se quer, como un texto representable por monicreques ou por actores, mais o que nel hai Quásar literariode escénico -que é moito-, e mesmo de musical ou achegado á danza, está sempre ao servizo, ancilar, do evidente pulo lírico do conxunto.

O laio desesperado de Orfeo pola perda de Eurídice, o seu prego por recuperala, o descenso ‘ad inferos’ para rescatala e o regreso e nova perda desta é a ben sabida peripecia que serve a Lama para revisitar un mito no que se proxectan varios universais temáticos: os límites da Vida coa Morte, Eros vencedor de Tánatos, os roles xenéricos e, xaora, a dimensión demiúrxica da palabra.

O que converte este texto de Lama nunha escrita imantadora é a perfección no deseño duns personaxes agónicos, volcánicos, movidos por resortes tan primitivos como imparables. Todo nestes seres é intensidade, desmesura tráxica e arrebatadora que, de tan hiperbólica, se nos fai recoñecible e empática nas nosas tan humanas miserias, nos nosos tan previsibles erros de irracionais animais racionais que temen a Morte e desexan entregarse a un Amor alén de calquera Averno.

A forza case táctil das súas imaxes fai desta obra unha brasa ardente que fascina na fulguración ao tempo que queima na interpretación múltiple, densificada. Caronte, Perséfone, as Furias e Ménades e, por suposto, Orfeo e Eurídice son forzas da Natureza e como tal hai que sentilas, pois nelas descansa o que somos, o que anhelamos e amamos, o que soñamos.

Ela, piedade dos suicidas é un quásar literario, unha estrela da noite das idades que deita a súa luz a través dos séculos, dende a Grecia e a Roma clásicas ata a Galicia de Xavier Lama, un cosmos verbal que endexamais se extinguirá.
Requeixo, Armando
Requeixo, Armando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES