Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As cousas do Toliño (III)

lunes, 08 de febrero de 2016
Hoxe todo é descafeinado. Estaba eu esperando ó meu amigo Horacio na porta do asilo de Viveiro cando vexo saír óToliño.
-¿E logo vive acó? –espeteille a xeito de saúdo.
- Aínda non, pero teño pedido praza para cando non poida máis. É o mellor sitio a onde achegarse un cando vai vello. Non nas residencias isas que montan agora os despabilados que fan da necesidade dos vellos un negocio. As monxas sempre teñen outra filosofía da vida e, aínda que cobren, non entenden a asistencia ós vellos, como unha maneira de facerse ricas, senón de practica-la caridade
.
- Voulle dicir unha cousa: anda a xente algo alporizada polo que me dixo da Volta Ciclista e o seu proieuto de poñer pancartas. Calquer día préndeno.

- Que eu saiba a Constitución protexe a libertade de expresión e nela basaría a miña defensa. O que non é de recibo é a lei “Mordaza” que trata de recorta-las libertades e, sobre todo, protexer a certos elementos que, baixo o paraguas do seu oficio, poidan abusar da xente. Un Ministro que lle pon unha medalla á Virxen o único que fai e demostrar a súa patética filosofía.

- Pois vaia termando, que agora ven a Semana Santa…
- Por mín coma se chega o antroido. Hai bastante parecido. Ben sei que naceron como cousas opostas, pero a xente tende a terxiversa-las de tal xeito, que xa non se sabe distinguir unha cousa da outra. Para mín, o antroido era unha festa, de orixen pagano, para dar renda solta aos instintos de gula, luxuria e…solta-la lingua, pero hoxe todo é descafeinado. Ninguén despelexa con valentía ós golfos… coma se non os houbera. A Semana Santa naceu como un auto sacramental, e ti ben sabes que hoxe é un reclamo turístico alleo a Pasión de Cristo.

-Coido que despois de defende-las monxas e agora criticar dise xeito a Semana Santa non cadra con bó católico…

- ¡Para o carro, rapaz! Eu non son nín bó católico nen cousa parecida. Criáronme, coma á moitos, nise nacional-catolicismo no que Franco ía baixo palio, pero as persoas ó largo da súa vida sufren evolucións propias das súas inquedanzas, e hoxe eu non estou en ningunha cousa. Dudo, busco, camiño, nin nego, nin creo en moitas cousas…Só valoro as persoas, os exemplos, os xeitos de ama-los demáis… e acó respeto moitísimo a alguén que existeu como é Cristo, o que camiña coa cruz ás costas. Nin son bó cristián, nin son profesor de Ética, nin falo de moral algunha. Teño moitísimos defeutos e seino. Eu trato de vivir coma Dióxenes, co candil na mau, buscando a verdade, o verdadeiro Santo Grial, que tamén tanto sirveu para contar contos…¿ invitasme a un viño?

A pregunta descolócoume, pero dixenlle que sí. Baixamos ó Lúar, un bar perto do Asilo e da redacción do Progreso, e pideu un viño…despois outro…non tiña presa, pero a mín esperábame Horacio, un home que quero moito, así que paguei e saín con presa, porque no asilo sempre hai normas…e o Toliño vaime facer falta cando chegue o caso.

O certo é que as súas conversas sempre me fan pensar e non entendo moi ben as cousas que me conta. Por unha banda parece moi sincero e por outra non entendo a razón pola que puido estar tanto tempo nun manicomio.

-¡Os cartos, paspallán, deixaches a volta no bar!- berreoume correndo tras de mín e entregándome os cartos. ¿Ves?, ¡malditos cartos!, por iso estiven no manicomio, porque non sabía administralos. A ver se che vai pasar coma mín.
E saiu correndo como se fuxise do demo.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES