Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

jueves, 04 de febrero de 2016
As miserias dun poema. Verde esperanza nun charco de auga e azul ceo nunha folla de loureiro. Quizais ninguén queira cantar a canción dos paxariños brancos aniñando na flor dun toxo e oxalá o vídeo musical dun esperpento se baile nas noites de inverno. Quen xeme entre as sabas brancas dun soño? Quen suspira entre o punto e á parte dun consolo? Mans brancas que acariñan unha cara e olladas de nostalxia no debuxo dunha novela barata. Non creo que Buzz Lightyear viaxe ata o infinito e máis alá. Nin que Clint Eastwood escoite a música de Ennio Morricone. Tan só Charles Bronson toca ben a harmónica. Ata que chegou a súa hora. Elas cruzan as pernas nun xesto de impotencia, mentres a pantalla se ilumina coa cor vermella. Pero non hai sangue polo medio. Tan só unha canción que estoupa con foguetes no ceo. É noite pecha. Quizais algún día o verme luceiro cruce por fin a estrada e chegue á cuneta. Quizais o ruxerruxe dun sentimento fai máis ruídos que dúas campás repenicando. Hai campás que voltean as miserias dun poema sen fin. E por iso o peregrino de amor nunca chegará á fin do mundo. Non calquera pode contemplar a tardiña, o luscofusco desde Fisterra.

MOITO MELLOR SÓ

Eu son do parecer do alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, que defende que o BNG vaia só ás eleccións autonómicas. Andando faise camiño. Os de fóra sempre poñen atrancos. Por iso “paso” moitas veces de chamarlle ou escribir PPdeG ou PSOEdeG, xa que, nestes, quen realmente manda son os de Madrid. E ante os de fóra non fai falta ser moi listos para saber que Galicia non conta para nada. Non contou para os propios galegos (Franco, Fraga, Rajoy, Feijóo), imaxinade para os foráneos. Ademais, sóubose sempre: a convivencia entre moitos é moi complicada. Caro custa entenderse entre dous...
O BNG, aínda que lle custe, debería camiñar só. Nas autonómicas e en todas as demais. Non creo que caia xa máis abaixo. Se se fan ben as cousas tan só queda empezar a subir. Estou seguro que, aínda que sexa lentamente, subirá. Porque ten que subir. Porque andando faise o camiño. Porque creo que é o único que representa mellor ós galegos. Polo menos vexo que son os que máis traballan; tanto na Xunta como na capital do Imperio. E, faltaría máis, sempre defenderei ós máis perseguidos, ós máis atacados, ós máis pequenos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES