Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡¡Diploma con letras en ouro!!

lunes, 01 de febrero de 2016
Era o día 26 de xaneiro do ano 2016 cando o Alumnado de Cultura Galega da UNED Sénior da Galicia Rural, acompañado polo seu Profesor ¡¡Diploma con letras en ouro!!D. Felipe Senén López, tivo ocasión de ser recibido na sé da Real Academia Galega, nada máis nin nada menos que polo seu Presidente actual D. Xesús Alonso Montero.

Foi para nós una honra escoitar ó ensaísta, sociolingüista, poeta, catedrático de Literatura Galega, Presidente actual da RAC, Membro do Consello da Culltura Galega, conferenciante e unha persoa de idade avanzada e ó mesmo tempo moi xove internamente, cargado de vitalidade, xovialidade e entusiasmo: un auténtico manacial de sabedoría.

Encetou o acto, falándonos da orixe da Academia Galega en Cuba, aló plo ano 1905, ánda que oficialmente naceu no 1906 da man de personaxes tan ilustres como o polígrafo Manuel Murguía, e Manuel Curros Enríquez coa sabia intención de normalizar e protexe-lo idioma galego.

Desde entonces, a RAG continua o seu labor ata a actualidade coa colaboración de: Andreás Martinez Salazar, Francisco Ponte Blanco, Eladio Roríguez Gonález, Manuel Lugrís Freire, Francisco Fernández del Riego, Manuel González Román, Xesús Ferro Couselo.
Destacou: Sebastián Martínez Risco que foi o promotor das Letras Galegas en 1963 co gallo do centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía.

Pero foi Domingo García–Sabell que lle deu un pulo especial coa publicación da Lei sobre Normativa Lingüística.

Ata este momento non tivo una sé estable, pero no ano 1978, coa chegada da democracia, a Real Academia da Lingua queda asentada na sé actual, doazón da familia da Condesa de Pardo Bazán.

Con Xosé Ramón Barreiro elabórase o “Acordo Ortográfico de 2003”.

E na actualida presídea D. Xesús Alonso Montero que tivo a ben atendernos con todo luxo de detalles.
Quedámoslle moi agradecidos e desexámoslle moitos éxitos nos seus proxectos.

Ó longo da visita polas distintas dependencias podemos ver bustos de todas estas persoas que integran esta Institución que é a que ten facultades xurídicas para “Escoller, Expurgar e Innovar” o noso idioma, como moio ben figura no Medallón da entrada.

Os seus membros clasifícanse en: Numerarios, na actualidade trinta, Académicos de Honra e Correspondentes.

Rematou a ponencia dándonos a oportunidade de facerlle algunha pregunta e, aínda que o noso Profesor se adiantou a contestar cun “non” pois eu non entendo moi ben esa actitude, cando é normal que o alumnado pregunte.
Por eso, algunhas persoas quixemos preguntar e preguntamos:
A nosa delegada Amelia, licenciada en Filoloxía Románica, igual que o ponente, apreveitou para lembrar ós seus eminentes profesores, do cal se congratulou Alonso Montero e tamén o Alumnado Sénior por contar como compañeira, cunha persoa de moita talla académica e persoal que está desenrolando un rol moi importante para a UNED Sénior da Galicia Rural en Paderne (A Coruña).

Unha sevidora aproveotou a ocasión para facerlle dúas preguntiñas que lle chegaron á alma:
A primeira relativa á Saúde do Idioma Galego na Actualidade.
Aí, toculle una fibra moi sensible ó Presidente.
Sabe que hai moito que mellorar, que os tempos son difíciles; pero tamén o foron noutras ocasións e confía que as autoridades políticas estean á altura das cirrcunstancias.
A segunda:
¿Qué consideración lle merecemos os aquí presentes (referíndome ó Alumnado Sénior da UNED da Galicia Rural) como portadores e usuarios do idioma galego na vida cotiá?
Esta pregunta aínda o emocionou máis e respostou con absoliuta rotundidade:
¡¡¡“Merecen un Diploma en letras de ouro”!!!, pero penso que non temos medios para outorgárllelo, en calquera caso léveno no corazón.

Observamos que a súa afirmación era sincera porque puxo a man no peito, deixando moi claro o valor da poboación labrega no tocante ó uso e conservación do noso idioma.
Nós tamén somos conscientes de que formamos un piar fundamental na custodia e transmisión do noso idioma de toda a vida, a nosa lingua nai que escoitamos desde o ventre da nosa nai ata o día de hoxe.

O noso Profesor Don Felipe tamén comentou o fraco favor que fai a TVG con certos programas de denigran e desprezan o noso idioma e á identidade do pobo galego, tachándonos de ignorantes, paletos, analfabetos e moitas cousas máis.

Moi acertada a intervención do Profesor, que tamén entendeu moi ben o Presidente da RAG.

¡Vaia mágoa! E aínda hai quen disfruta véndoos…
E o que vemos máis gravee que as autoridades o permitan.
Se ve que non se decatan do que nos están ferindo ós galegos de ben que nos sentimos orgullosos de expresármonos na nosa lingua nai que sendo co-oficial co castelán; é para nós a de uso cotiá.¡¡Diploma con letras en ouro!!
O Alumnado Sénior da UNED da Galicia Rural non entende nin nunca chegará a entender porque -en certos casos- hai quen usa o noso idioma infravalorándoo e ás veces ata en ton despectivo. É una ofensa ós galegos de pura cepa, en particular, e tamén a Galicia en xeral.

Entendemos que tódalas linguas son igualmente dignas de respeto, independentemente do número de usuarios que estas teñan. Galicia deixaría de ser Galicia se o seu idioma propio chegra a desaparecer.

Por eso debemos coidalo e protexelo con todo o mimo que se merece, porque -según dixo o Presidente da RAG-, neste momento non goza de moi boa saúde.

Acto seguido unha azafata mostrounos moi amablemente as diferentes dependencias así como o mobiliario da Condesa de Pardo Bazán e rematamos o día sabendo algo máis sobre o noso idoma e a nosa fala como sinal de identidade galega.


Mercedes Cachaza Platas, Alumna da UNED Sénior en Paderne (A Coruña).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES