Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Castelos no aire, non

jueves, 28 de enero de 2016
-Certo que á vida hai que botarlle moita imaxinación.
-Certo que hai que ser moi optimistas.
-Certo que hai que soñar con novas alternativas.
-Certo que hai que ter sempre proxectos de futuro.

Pero tamén é ben certo que tódalas cousas teñen que ter uns fundamentos,
uns alicerces, uns principios, unhas bases nas que sustentarse.
¿Ocórreselle a alguén empeza-la casa polo tellado?
Non, porque sería imposible.

¿Ocórreselle a alguén construír un castelo na aire?
Debuxalo, pode ser, pero construílo, nunca.

¿Qué é máis importante, construír unha casa, a torre más alta do mundo, o castelo máis espectacular ou unha persoa, un ser humano?
Non ten punto de comparación.
O ser humano é o rei da Creación.
Se o ser humano falla…
Xa se imaxina vostede o que pasa.

Pois nos tempos que corremos encontrámonos con persoas que valoran máis o ter que o ser, porque consciente ou inconscientemente pretenden alcanza-lo ceo cos pés e aínda non se ten noticia de que ninguén conseguira tocalo coas mans.

Cando nos encontramos cunha persoa o primeiro que lle vemos é o seu físico, a súa vestimenta, o seu coche, a súa casa, a súa profesión, a súa posición social, etc.

É moi natural que a todos nos guste ser guapos, ir ben vestidos, viaxar en bos coches, habitar nunha boa casa, ter unha profesión que nos permita defendernos ben na vida, etc.

Pero para a maioría dos cidadáns de a pé, ter unha boa profesión precisa unha boa preparación e e unha boa dose de sorte.

Ir ben equipados supón telos ingresos correspondentes. Pero…Antes de chegar a todo eso, no caso de poder chegar…
¿Cal é o camiño a seguir?

Para calquera persoa normal, unha boa preparación integral é imprescindible.
¿Qué entendo eu por unha boa preparación integral?
Pois: saber ir pola vida con dignidade, conforme ó posto que a cadaquen lle toque ocupar no tecido social.

¿Qué é o primeiro que hai que saber para ir pola vida con dignidade?
¿Será…Ter una boa educación, ser unha persoa responsable, cortés e amable?
Pode que si.
É probable que vostede coincida comigo neste aspecto.

¿Onde se aprende –según o meu parecer- a boa educación, a ser boa persoa, responsable, cortés e amable?
¿Nas mellores universidades?
Non.

Non, a menos que se considere a casa como a mellor das universidades.

Para a miña maneira de pensar:
Para ter unha boa formación académica hai que ir á universidade; aínda que as boas titulacións soas non son suficientes.
Para ser un bo profesional, débese levar una boa educación da que se aprende na casa e despois una boa formación académica da que se aprende na universidade, non instituto ou na escola da vida, según os casos.
¿Pensa vostede igual que min?

Cando eu era unha nena, distinguíanse moi ben as diferentes clases sociais con só botar una ollada pola rúa.

Hoxe, tamén se distinguen; pero non tanto porque, andando o tempo, co acceso á educaión foi mellorando a situación.

As diferencias sociais, non son tan notables; pero haber, hainas.

Se ben é certo que hai diferencias entre ricos e pobres e, -desafortunadamente parece que vai en aumento- tamén é ben certo que:

Ten que haber diferencias entre os pais e os fillos; entre avós e netos; entre o profesorado e o alumnado; entre os doentes e o persoal sanitario; entre as autoridades e a cidadanía de a pé.

Este tipo de deferencias convén que as haxa, sencillamente porque non somos todos iguais, nin nos atopamos toodos na mesma situación.

A sociedade está organizada según unha determinada xerarquía.

As persoas que chegaron moi alto, teveron que empezar por uns bos alicerces para que o proxecto non se lles derrumbara.

As persoas que chegaron a ser moi importantes, teñen que ser humildes e sencillas. Aí temos ó Papa Francisco e outras moitas persoas ilustres.
Quen queira chegar a desempeñar un alto cargo, terá que aplicarse boas doses de esforzo para prepararse, non poucos sacrificios e ter boa sorte.
Todos sabemos que hai excepcións, pero son contadas.

A maiorá ten que suda-la camiseta, porque ninguén regala nada.
En consecuencia, se queremos sacar conclusións de todo esto:
Teremos que empezar a construí-la nosa vida desde a base.
Sobre unha boa base, pode –pouco a pouco- construirse ese proxecto de vida co que todos soñamos.

A realidade dinos que hai unha boa porcentaxe de persoas que se aplican en construí-la súa vida sobre bases ben sólidas e pouco a pouco van acadando aqueles obxectivos que toda persoa de ben considera nececesarios para levar unha vida digna.
Outras veces, o edificio falla pola base.

Bo exemplo témolo nunha lacra social que clama ó ceo: a violencia de xénero.
A verdade é que medra como a espuma, pero se analisámo-las bases, observamos que unha boa parte destes males poderían evitarse se non pretendéramos construír castelos no aire.

No artigo da semana que ven intentarei explicarme.
Levará por título:
“SOBE COMO A ESPUMA”.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión e –como non- polo que vostede deixa colaborado na construcción dunha sociedade cos pés no chan, porque, afortunadamente, a vostede nunca se lle ocorreu construír castelos no aire.
Grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES