Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Kanya: a forza de rachar límites

miércoles, 27 de enero de 2016
Kanya Sesser é unha moza tailandesa que naceu sen pernas, polo que foi rexeitada e abandonada pola familia nun orfanato. Por sorte unha parella de Portland (Oregón) fixouse nela e deulle a gran oportunidade de vivir. Amosou os seus ilímites en dous campos: no deportivo (onde practica surf e outros deportes con vistas aos xogos paralímpicos do 2018) e no mundo das pasarelas (onde está a traballar para marcas de roupa deportiva de primeiro nivel).

Kanya logrou ter unha vida propia. Logrou unha autonomía persoal. Logrou autorealizarse no que lle gusta e tantas cousas... pero estes logros absolutamente persoais teñen ecos de colectividade, xa que poden ser fonte de inspiración para que persoas que están en círculos de negatividade empecen a abrirlle fiestras e portas á vida impregnándose da forza inmensa que a vontade trae consigo.

Rachar límites é unha dura labor na que, ás veces, mesmo nos morden a soidade e o desacougo e con eles a tentación de desistir. Coñecer historias coma a de Kanya inxectanos a obriga moral da loita na seguridade de que só unha sociedade baseada en ilímites é capaz de forxar un porvir a altura de cada persoa.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES