Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As rastas da discordia

martes, 26 de enero de 2016
“Non me importan as rastas, pero limpias e sen piollos”. Debín escoitar mal, pensei mentres remataba de almorzar ó tempo que cambiaba de canal agardando atopar algo máis interesante. Pero alí estaba outra vez, a frase repetíase de novo e lograba espertarme do letargo no que aínda me atopaba. Mirei o televisor e as miñas sospeitas confirmábanse: a señora Villalobos decidira agasallarnos unha vez máis cunha desas perlas que non deixan indiferente a ninguén. Desta vez sorprendeume o inxusto daquelas declaracións, cargadas de menosprezo hacia un diputado polo simple feito de levar un peinado pouco común.

O certo é que resulta paradóxico escoitar falar de limpeza a unha diputada do Partido Popular, o mesmo que nos últimos anos acolleu nas súas filas a un considerable número de políticos que demostraron estar faltos da máis importante das limpezas, a ética (véxase por exemplo o caso Bárcenas, Camps, Rodrigo Rato...). Quizais a señora Villalobos é desas persoas con tendencia a ver a palla no ollo alleo e non ver a viga no propio.

É de xustiza admitir que todos, en maior ou menor medida, emitimos con frecuencia xuízos que co paso do tempo resultan ser erróneos. Esta circunstancia é difícilmente evitable porque contamos cun cerebro que realiza avaliacións case constantes do seu entorno e moitas desas valoracións son precipitadas e non se axustan á realidade. Pero en todo caso hai formas e formas de xestionar este tipo de xuízos que todos facemos. Mentres as persoas prudentes deciden aparcalos a un lado e intentan coñecer o que hai detrás desa apariencia física; outras como a señora Villalobos deciden elevar ese tipo de xuízos á categoría de dogmas, o que provoca que actúen cunha manifesta intolerancia. Cando a persoa cae na trampa do pensamiento prexuicioso, cando lle outorga un papel protagonista a este tipo de crenzas mediocres, corre o risco de perder parte da súa identidade. É coma se en lugar de pensar por si mesma se vise poseída por un compendio de clichés e crenzas que toman o control e acaban manexando a conduta da persoa coma se dunha marioneta se tratase.

Quizais o mellor antídoto contra este tipo de pensamento sexa seguir o consello dese sabio dito que nos recomenda “Non xulgar un libro pola súa portada”. Pode que a todos nos veña ben lembrar de cando en vez a mensaxe que esta cita nos transmite. Cantas persoas interesantes teremos deixado de coñecer por culpa das primeiras impresións ou deses estereotipos que etiquetan ás persoas coma se de mercancías se tratase. Un corte de pelo, a forma de vestir ou a lingua empregada para comunicarse non son máis que rasgos superficiais, elementos que configuran a "portada" do libro pero que en absoluto determinan o contido deste. Merece a pena ir máis alá, adentrarse no contido do libro, descubrir o que os primeiros capítulos teñen que contarnos e finalmente tomar a decisión de seguir lendo ou abandonar a historia na procura dun relato máis entretido.
Riera, Martiño
Riera, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES