Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Como dicía Julio Iglesias...

lunes, 25 de enero de 2016
Que listo era Julio Iglesias cando dicía “la vida sigue igual”. Xa naqueles tempos. A vida segue igual. Nos de agora. Seguen as conversas (é venres) para intentar formar Goberno. Algunhas declaracións pasáballes como estes días ós ríos: que se desbordaban. Mais agora mesmo semella que seguimos o ritmo da climatoloxía actual: que os ríos están volvendo ós seus auténticos leitos. Como as declaracións. E semella que se ve algo de luz ó final do túnel. A ver se é verdade. Se non habería que achegarse de novo ás urnas. É dicir, un fracaso.

Aínda que, con tal de que perdan os actuais, non me importa subir a empinadísima costa para chegar ata a urna e depositar o meu voto unha e centos de veces, se fai falta. A ver se non fixera falta.

A vida segue igual. A corrupción non nos deixa. Nunca nos deixou. Normal. Témola xa tan asumida que a trama de Acuamed, si, é certo, subiu ós medios de comunicación, pero axiña é auga de bacallau. Que máis dá! Logo do que houbo! E non pasou nada. E sigo dicindo que isto é tan só o que sabemos. Non quero imaxinar o que haberá por aí acochado entre papeis e falsidades e sinaturas e promesas. Se aínda rebentara algo. Pero como non rebenta…; a algúns ata nin lles importa descubrir certos trapos sucios. Sábense tan poderosos, tan corruptos que unha chafallada máis non se nota. E por iso seguen máis e máis.

Porque como dicía Julio Iglesias: “La vida sigue igual”. Para eles moito mellor que para nós.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES