Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galiciajauja-JaujaGalicia

martes, 26 de septiembre de 2006
Cando eramos pequenos, as definicións eran máis doadas. Se nos preguntaban “Que é Fe?, todos a unha respostabamos “Crer o que non vimos”.

Hoxe, tódalas definicións son máis racionais, máis estudiadas, máis profundas. A resposta de hai anos habería que traducila á actualidade, matizala, apostillala.

¿Será Fe crer o que nos din os políticos?. ¡Xa nos gostaría ter Fe dun xeito absoluto!. Xa nos gostaría ter tanta fe como para crer porque sí as promesas que puideron escoitarse na festa que PsdG-Psoe celebrou este domingo.

Trinta e cinco mil novos empregos en Galicia no prazo de doce meses, prometeu o Presidente Touriño. Trescentos mil pensionistas galegos verán que a súa pensión sube o doble que a media, augurou José Blanco.

Postos a prometer, o Presidente atreveuse a prognosticar que tódolos galegos teremos unha autopista ou autovía a trinta minutos da casa como máximo, que o próximo curso serán gratis tódolos libros de texto do ensino obrigatorio, que as listas de espera da sanidade serán só de 95 días a final de ano…

E por se fose pouco o augurado ou prometido na festa socialista, onte, un comunicado da Presidencia manifesta que o investimento do estado en Galicia vai ser de 1.700 millóns de Euros, cifra histórica que suporá que Galicia percibe o 8% do presuposto español.

¿Será posible tanta ledicia? Aceptamos todo o prometido, que seguro que o merecemos colectivamente.

Facemos profesión de fe. Crémolo; querémolo crer. A única dúbida é se desde agora vivimos en JaujaGalicia ou Galiciajauja, pero calquera delas –se é así- vainos gostar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES