Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

jueves, 21 de enero de 2016
A chea do río Avia. A verdade é que os asolagamentos dos ríos estes días pasados foron espectaculares. Nas redes sociais imperaban as fotos sobre cheas e fervenzas de auténtica impresión. Os medios de comunicación non quedaron atrás informando e ensinando eses ríos que anegaban terreos e incluso construcións. La Voz de Galicia quixo informar e ensinar tan ben a chea do río Avia que a fixo realmente espectacular, impresionante, incrible e, claro, imposible.

Segundo o rotativo, ese río que pasa por Ribadavia desbordouse de tal maneira que chegou ó parque das Mestras e ó parque Ansuíña de Baños de Molgas. Incrible! Cando vin a foto da pasarela que vai da Pitediña ás Mestras e cando lin o pé da mesma, optei por pensar nun erro tipográfico. Pero cando se me deu por ler a crónica seguía o periodista informando sobre a imposible riada do Avia en Baños de Molgas. Non é a primeira vez que o digo: que ás veces, incluso moitas veces, escribimos de oídas. Non somos quen de pararnos un chisco e consultar nomes ou dicionarios ou atlas; co fácil que é hoxe tendo o San Guguel á man.

Por certo, ó día seguinte non vin ningunha corrección de erratas nese xornal. Que máis dá! Outro por certo, por Baños de Molgas pasa o Arnoia, non o Avia.

PARA NON MORRER DE POBRES

Saúde, diñeiro e amor. Así, por esa orde; díxose sempre. Pero eu, tamén desde sempre, alterei esa orde: diñeiro, saúde e amor. Que va, que va; se non hai saúde… Se non hai saúde con diñeiro aínda podes intentar curarte. Pero se non hai diñeiro… con que comes? E se non comes, fraqueas. E se fraqueas, caes. E se caes, xa non te levantas. Morres pobre de solemnidade. Ademais, o poder do diñeiro está sempre en voga. A corrupción cáusaa o diñeiro. O imperio da droga é polo diñeiro. O das armas é polos dólares e euros, que é diñeiro. Ata no tenis empeza o diñeiro a facer desfeitas. Un deporte que semella leal, cabaleiroso e resulta que andan as apostas furgando nos resultados dos partidos. Por non salvar seica nin se salva o Federer, que xa é dicir. E o noso Nadal, que? Si, tan só son especulacións, pero… cando o río soa, etc. Que a un pobre de solemnidade coma min lle ofreceran algún apaño, vale, ata podía estar ben visto (pobriño!). Pero que un tenista de elite, que xa gana o demo e máis, acepte amaños, malo! Non queda outra que confesar e asimilar que temos a alma corrupta e podre de poder. É o que hai.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES