Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O apelido "Foz"

miércoles, 20 de enero de 2016
O diccionario da R.A.E.define “apelido” como o nome de familia co que se distingue ás persoas. A función do apelido é a de servir de complemento ó nome de pía para evitar confusións. Acaso un dos recursos mais antigos fora o uso dalgún apodo ou mote, ademais do nome de nacemento.

A fixación dos apelidos comeza coa difusión do uso de documentación legal e notarial a partir da idade Media. Entre as diversas orixes que pode atribuirse a un apelido está o toponímico; é decir aquel que se fixa en función da procedencia do individuo. É ésta unha modalidade que ven de moi antiguo, pois arredor de medio milenio antes de Cristo poden citarse, por exemplo, a Tales de Mileto ou Pitágoras de Samos, ambos nativos dos devanditos lugares, no mar Exeo.

Foi no ano 1991. Un programa moi exitoso de TVE, Tribunal Popular, escenificaba o xuizo a unha causa de actualidade. A mesma contaba coa presencia de tres prestixosos xornalistas: Xavier Nart, no papel de fiscal; Ricardo Fernández Deu, abogado defensor e Xavier Foz, xuiz e director do espacio, así como un xurado popular formado por un número determinado de persoas.

Nunca soubemos por qué, fumos convidado a participar nun deles, para o que viaxamos a San Cugat del Vallés, (Barcelona) dende onde se emitía o programa. Confesamos que o verdadeiro interese noso, dende que recibimos a inesperada invitación, era a posibilidade de coñecer polo miúdo a historia do apelido homónimo da nosa vila así como a ilusión de que, por ese coñecemento descubríramos algún tipo de relación co noso pobo, por insignificante e afastado no tempo que estivera.

Pero a nosa curiosidade non quedou satisfeita nen a utópica ilusión consumada, pois o señor Foz- o xuiz- só coñecìa, e non moito, do referido á súa familia e quedounos o desexo de seguir indagando. Non é moito o que logramos saber: só que é de orixe francés e que o escudo heráldico é simple: en ouro, seis roeles, postos en dous paus e coroado por artístico remate.

Sen dúbida, a través dos Pirineos chegarían algúns Foz á península dos que entón localizamos 35 persoas en diversas zonas do estado; nengunha no noroeste. Nunca mais soubemos daquela estirpe de “Foz"...

(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES