Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Iria e Noela na porta dos 30

miércoles, 20 de enero de 2016
Queridas Curmáns:
O vindeiro sábado celebraremos 30 anos de revolución porque a vosa chegada revolucionou, felizmente, a vida da familia en moitos sentidos. Erades dúas e iso supón ser máis do dobre de todo tendo en conta, ademais, que sempre estivestes moi ben compenetradas e que xeralmente tiñades certa maña facendo trasnadas.

Formamos parte dun tempo feliz que nos trouxo ata a vida e iso implica recoñecernos como xeración. Unha xeración que compartiu espazos, xogos e sobre todo o gran privilexio de criarse nun sentido extenso de familia que hoxe nos leva a recoñecernos como irmáns.

Da infancia lembro a dificultade para diferenciarvos no centro daquel rebumbio de 7 nenos trazado na cor da ledicia. Lembro miles de xogos e aquel invento da pandilla Gijoe que dalgún xeito nos unía. En troques ningunha destas lembranzas é tan nidia como a do voso cariño, a vosa capacidade para aceptar e adaptar o xogo e a vosa forma de ser e estar con todos tendo con cadaquén unha relación propia. Dende pequenas apuntabades cara a grandeza das persoas que sodes e aquela sensibilidade agromou en vós ata convertervos en solidariedade pura que traducides sempre en comprensión e compromiso.

Con eses dous piares agromastes á vida facéndoa mellor coa vosa presenza inqueda que transforma emocións en bicos, apertas, risos e sobre todo en milleiros de palabras polas que o voso cariño se desborda en nós.

É curioso como se mantén viva en min a imaxe da vosa infancia. Sígovos vendo como "as
nenas" sabendo que só 3 anos nos separan. Coido que isto é porque seguides tendo esa beleza interior que muda ambientes para anegar todo de paz. Velaquí a verdadeira razón pola que sodes especiais: na vosa dobre presenza corren ríos de identidades paralelas que desembocan nun mesmo mar que dende o 22 de xaneiro do 1986 móvese ao ritmo preciso das ondas que nos envolven como un manto salgado polo que medran as ilusións.

O sábado será unha noite leda na que ao mellor poderedes facer o reconto dun punto e seguido pero nese punto e seguido nunca esquezades todo o cariño que vos temos. Non porque nos debades nada! Senón porque é o pago a esas persoas de corazón infindo que chegan para mudar a vida coa forza do amor.

Grazas, pois, pola vosa vida e que siga sempre adiante con ese eco inmenso de porvir que se vai facendo na cor pura das vosas formas infindas de tecer solidariedade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES