Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bombas en Portugal

lunes, 25 de septiembre de 2006
Chegan de Portugal novas de que nunha zona fronteiriza veñen de atoparse vinteseis bombas presuntamente destinadas a Galicia.

Un grupo de rapaces que xogaban nunha casa de vixiancia forestal abandoada atoparon as bombas, manuais de fabricación de explosivos, panfletos políticos e pegatinas dun presunto grupo radical denominado Resistencia Galega.

O grupo, ó parecer producto dunha escisión do independentismo galego, sería moi pequeno, case descoñecido para os especialistas.

O tema é importante abondo como para preocuparnos a todos. Á policia portuguesa, por se o norte do seu país está a ser usado por grupos galegos como plataforma para actividades ilegais alén da fronteira. Á policia galega, por se algún grupo independentista está disposto a dar un perigoso salto cualitativo na súa actividade con prácticas terroristas. Ós galegos en xeral, por se o terrorismo tenta de novo asentarse no noso País, non téndoo conseguido ata o momento por falla dun clima axeitado no contorno.

A evidencia dos rastros, con material perfectamente identificado co nome do grupo presuntamente responsable, fai desconfiar ós especialistas de que sexa somente unha operación publicitaria, pero sexa cal fose a hipótese non tranquiliza sobre o problema que -a pesar de que non volveu saberse nada sobre o tema- preocupa ás nosas autoridades que o terán entre os primeiros lugares das súas inquedanzas e liñas de traballo.

Imponse que Portugal adopte ríxidas medidas de control de explosivos como as existentes a este lado da fronteira, e que as policías de ámbolos dous países colaboren estreitamente para previr calquera tipo de incidencias, imprevisibles, preocupantes, e para as que a mellor forma de loitar é o estudio e o traballo conxunto e anticipado.

As bombas apareceron en Portugal pero levan a etiqueta de Galicia. Galicia non quere terrorismo, como repetidamente levamos comprobado. Pero precisamos saber que se está traballando para que esta afirmación siga a ser verdade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES