Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De pura cerna (y 64)

martes, 19 de enero de 2016
Que morrera José Antonio, o fillo daquela Herminia de Vilar, na Cartuja de Miraflores, sóubeno nunha ocasión na que pasamos por Burgos a miña dona e mais eu, invertendo, que non desfacendo, o Camiño de Santiago, que nos pareceu unha cortesía digna de estudio esa convivencia cos peregrinos que volven Hachs, con eses que retornan santificados pola meditación camiñeira, cuñados, máis que pola Compostelana, pola súa aperta fraternal ao Apóstolo.

De paso que pasamos fixémoslle algo de compañía á viúva dun militar co que tivéramos unha gran e antiga amizade. Tratábase dun militar que tivo un asistente, amigo do asistente daquel inquisidor, daquel Arturo... Daquela o laretas do Arturo desafogara o seu resentimento, que debía ser grande, ¡moitísimo!, co fillo do Toño, montándolle unha lenda, ¡o que parecía ser unha lenda!, sobre a xénese da Neviñas.

Pola súa parte, ao Estevo de Vilar faltoulle tempo para referir aquel segredo que tiña relación con seu propio pai, ao asistente do noso amigo, un rapaz que nos ten feito moitos recados de parte do seu xefe, maiormente o de levarnos o subministro periódico, semanal, desde o Economato do Grupo de Tiradores, en Sidi Ifni. A miña dona adoitaba poñerlle a merenda, que por algo era do seu rueiro, ¡outro recomendado, o enésimo!, e como sabía, ou supoñía, que coñecíamos a parentela de Dona Herminia, largou...; ¡vaia se largou! Canto quixo, pois tiña o terreo abonado, que xa dixen máis veces que a miña dona naceu para periodista, pero quedouse en Mestra!

En definitiva, foi unha consecuencia de tanta desocupación naquela ocupación militar da A.O.E., por entón sen outra radio que non fose a do Parapeto. ¡Para as damas, non, que para elas estaban os faladoiros casineirís, a canastra e todo iso!

Por outra parte, os nosos amigos, aqueles de Burgos, veraneaban, habitualmente, en Villarcayo, e por ende, coñecían á familia de Rodrigo... Total, que aquela historia, real pero mesturada de lendas, de fantasías e de enganos; un tanto desvirtuada, como tódalas do corazón, deu voltas e revoltas por media España referíndose a unha filla de dous pais, ¡que nunca tal se vira, nin oíra!

Por extensión, este conto deixou malparado ao nobre, ao inocente Rodrigo, un farmacéutico de boa fe, deses que creen nos milagres dos medicamentos; tan inxenuo e tan inocente, tanto, que nin se decataba do que tiña na casa, co propalada que foi aquela terzaría! Todas estas maledicencias circularon, propaláronse coa mesma impiedade que se falasen dun xatiño de dúas cabezas.

Tamén soubemos que José Antonio, despois de pasar non sei cantos anos en Burgos dando consultas de balde aos pobres do barrio de Gamonal, ¡que non todos o eran pero facíanse, para non pagarlle a consulta médica!, acabou retirándose á Cartuja de Miraflores. Contaban que cando morreu fíxoo tan sen pompa nin vaidade que nin os periódicos deron a nova; e iso a pesares de canto deixaba feito polos seus pacientes; ¡e canto mal, indirecto, aos colegas, aos colegas peseteiros!

É que esa perda, -dixo a nosa amiga, unha galega retranqueira, afeita a ver desfiles militares, e por tanto, a distinguir entre o real e mailo virtual, -nin foi sensible nin foi perda, que semellante santo, por aquí abaixo..., desentoaba! Un desfasado, un carroza..., que volo digo eu!

Seguimos dándolle á lingua nese ambiente do consolo, artificial e artificioso, que tales son os loitos parladoiros, así que demos en opinar do arrevesadas que son as cousas da Providencia; o Sino de cada quen, con maiúsculas. De se hai Sino ou se temos libre albedrío, liberdade plena... ¡Un pouco de todo! Conta que te contarás, saíu o resto:

Rodrigo, para experimentar aqueles produtos do seu laboratorio, a falta de cobaias inxectouse non se sabe que, a si mesmo, e con iso foise ao alén, de seguida, da noite para a mañá, sen que se soubese de qué morreu. ¡Habendo tantos monos, tantos inútiles cos que facer experimentos perigosos! Miúda sorpresa se levaría aló arriba, no Ceo, cando lle contasen que aquela parenta tan guapota, da que medio se namorara, era, nin máis nin menos, que filla da súa propia muller, habida con un gánster, con un gringo, un tal Ádam Merton!

¿Aida du Mont Cupeiro? Rematou, ¡por fin!, a carreira de Medicina pero só tivo un cliente, ela mesma, que se diagnosticou un cancro de mama, ¡galopante! ¡É boa verdade que cando vén unha nunca vén soa! Así que lle criaron aquela nena entre a Herminia, a Neves e mailo Nicasio; un trío de ases, que xa estaban afeitos ás crianzas en común. ¡E menos mal que viviron moitos anos...!

Tamén nos dixeron, pero iso foi en Madrid, noutro faladoiro, que dicían, que dixeran..., que Katiña exercía na Perla do Caribe, ¡de médico! Pasaran anos, moitos, e para daquela xa non era doado reconstruír o tecido familiar, así que me botei para Cuba, provisto dalgúns datos, ¡cantos rastrexei ao respecto!, para localiza-la Doutora Katia, que con aquelas orixes, con aquela proxenie, debía ser outro exemplar digno de estudio. ¡Nada, alí tampouco, que cheguei tarde pois morrera en Namibia, naquela expedición dos fideles, embarcada con aqueles..., ¿asesores?

Tanto fatalismo xunto, nunha soa familia, fíxome matinar, indagar, deducir...; así que, entre o que levaba oído desta xente, algo que constatei persoalmente, e o moito que seguín preguntando..., xa vedes!

O último que cheguei a coñecer, igualmente por unha desas casualidades da vida, foi que Nicasio, aquel grandallón morriñento, pedira ser enterrado no cemiterio de Santa Eulalia de Suegos. Collín o auto e planteime nese Suegos de Pol, ben cedo, case que de alba, coa intención de pilla-lo cura na súa igrexa, ¡que son os que máis saben da vida dos mortos!

Era un día outonal, coas follas dos castiros alfombrando de marrón glasé aquela estradiña serpeante, comarcal; un deses amenceres nos que baixa a néboa en cardadas espesas, non se sabe se das Folgueiras ou do Mons Ciro, e como non vin trazas de cura, púxenme a ler nas laudas do cemiterio; aínda me atopaba naquel repasiño biográfico, meditando na filosofía desta dedicatoria, “Seus amos, don... e dona...” ¡Vaia luxo e vaia caridade esta de que os señoritos lles poñan mármores ás criadas!, cando apareceu, ou se me apareceu, que aínda non estou certo diso, unha velliña engurrada, dos anos pero tamén do frío, con pintas de Ama de Cura, envolta nun mandil pardento, antiquísimo, da tea, tan impregnado..., ¡do que fose!, que logo parecía unha táboa, e non precisamente a dos dez mandamentos! Interpeloume un tanto agre; exactamente así, deste xeito:

-¿Que se lle perde aquí, se pode saberse; que é o que está anotando, aí, nese papel...? ¿Ten deudos neste cemiterio?

-¿Deudos? –A verdade é que me quedei cortado con aquela pregunta, tan inesperada, dunha aparecida.

-¡Si, señor; xente da súa obriga...! –Aclaroumo ela.

Pero o efecto foi que me desconcertou aínda máis, así que, como son algo chungueiro, ¡nas ocasións propicias, se entende!, contesteille ao pícaro, un tanto malicioso:

-¡Nin case llo sei, que iso das obrigas, hoxe en día..., coa desmoralización que temos, é relativo!

-Daquela, se quere deixar responsos, podo darllos eu mesma ao señor cura... ¡Dígame a súa intención!

O meu desconcerto ía en progresión xeométrica:

-¿Vostede..., vostede é a súa ama? ¡Pois que o sexa por moitos anos! –Precipiteime, para saír da situación.

-Non, señor, non; son ama, ¡maña fora!, pero na propia casa, que os párracos de por aquí, de señoritos que son, paran de fonda.

-¡Como cambiaron os tempos…! ¿E logo, qué foi do señor cura, que xa irá sendo hora de misar?

-¡Si que nos misa, a cotío! Por ser, élle un santo! Hoxe misounos algo cedo, demasiado, pero eu asenteime aquí, pasando neste rosario..., polas benditas ánimas, que son moitos os que me atallaron cos pés por diante!

-¡Se os misou tan cedo..., estará na reitoral, acaso dándolle bicos á súa xícara...! ¡Á do chocolate, non pense mal! Daquela vou aló, a ver se, de paso, me invita ao seu ágape! ¿Cal destas casas é a reitoral, que todas son axeitadas, como para ser feliz!

-¡Que pouca formalidade ten! Iso do chiculate éralle antes..., nos tempos da miña mocidade!

-¡Fiu! ¡Pois vai lonxe...! –Non puiden menos que tomala a broma, por enésima vez. Aquela cargante mirábame inquisitiva, coas lagañas putrefactas, meiguentas; ¡polo menos, dun ano!

-Non, señor, de lonxe, nada, que fai pouco que saíu de aquí. Os de agora non lle son parvos, que antes da parva non misan! ¡Será por medo a que os cape o cuco, ou para non esgarecerse con iso do xaxún, digo eu! Mire, non vexo que ande por aquí o seu inseparable, o seu Fidel...

-¿Que teño que mirar; quén é ese Fidel, o sancristán?

-¿O sancristán..., un can? Vostede..., nin que viñese do manicomio de Castro! A sancristá sona eu, a moita honra, que nunca tan limpa se viu esta igrexa... O seu Fidel, que ata tería que chamarlle Fiel, ¡polo moito que lle predica!, é un can barbudo, mouro, baril...; como que é do señor cura! Por iso coido que deben ir nas lebres, os dous, aló arriba, ben arriba, moi arriba...

Apuntou co dedo, tan vertical que aínda hoxe non sei se quixo indica-lo monte ou o Ceo. Para tentar de localiza-lo párroco seguín pedindo información:

-¿Ía de sotana, non si? Refírome ao señor cura, por suposto, que agora alivian en certas ocasións...

-Non, que a esganifaría nos toxos, pero levaba un traxe escuro, case mouro... O noso párraco élle dos de antes...; ¡nalgunhas cousas, que noutras...!

-¡Daquela Deu-lo colla confesado, pois con tantos cazadores..., con esta néboa..., e mailo meigallo das súas amizades...!

-¡Mire, señor, -daquela plantouse diante miña, ameazándome co rosario colgado da man, tal que un sarxento de cabalería amoestando nos seus soldados, -este non é sitio de bromas, que estamos rodeados polas ánimas benditas! ¡Herexe, máis que herexe! ¡A quen se lle conte...!

Naquela tempestade, qué menos que recolle-las velas!

-¡Si, claro; desculpe! Precisamente eu quería saber dunha, unha ánima moi especial. Trátase dun tal Nicasio... ¿Señora, por qué se persigna? ¿Que lle fixen; qué pasa?

A vella, sen deixar de facerse cruces, ¡que nin aquela Neves!, soltoume un responso, case que a berros:

-¡Deus lle perdoe ao cubano: un comunista, un mal home; mal veciño, mal exemplo...! ¡Cubano tiña que ser! Vanse polo mundo para non traballar na terra, e aquí, todo a silvas, que logo non se anda polas corredoiras. ¡Folgazáns! Por aló adiante, por eses mundos do diaño, eses malditos perden a vergoña..., ¡dun xeito...!

Non puiden máis, que xa estaba ben de histeria, así que me puxen tan serio coma un enterrador:

-¡Eh, señora; a modiño coa tarabela, que me estou referindo ao señor Nicasio, don Nicasio Prado Teixeiro, un gran home!

¡Boa a fixen, boa, que acendín máis, moito máis, á beata das lagañas! ¡Miña pobre!

-¿Que outro podía ser? Mire se era ateo, que deixou dito que o enterrasen na terra... ¡Aquí mesmo, na propia terra, onde estou dando esta patada; sen chantos nin mármores! ¡Un home tan rico, sen mármores...! ¡Que cousa, qué indecencia; por aquí nunca tal se viu! Así que, xa ve, nin cruz ten, que lle podreceu, de seguida! Un cadaleito de carballo, e unha cruz de castiñeiro...; ¡a quen se lle conte! ¡Outro Pilatos!

Tomouse un respiro, que con aqueles bramidos refolgaba coma un boi no cortello; non sei de onde, sería daquelas engurras, pero sacou forzas para seguir clamando, cos ollos revoltos para arriba, que non souben se invocaba ao Ceo ou aos nubeiros:

-Ben lle dixen ao señor cura que nesas condicións non debía aceptar ese cadáver, un cadáver podre, que xa o trouxeron podre, nesta parroquia tan honrada que ata temos un santo..., ¡propio! ¿Sabe? ¡Non, señor; que o enterrasen aló arriba, por xunto desa capela das Neves, ou máis aló, neses montes do Monciro! Un home así, un home que se quixo enterrar na terra, na mesma terra, nunha caixa de carballo, sen vernizar, ese tal é un ateo, un…, un Prisciliano! Xa o puideron deixar en Madrid, que por aló son como son! ¿Non ve o que pasa na tele? ¡Esas mulleres que amosan por esa ventá, en coiros, facendo esas cousas, as privadas..., en público, a altas horas da noite..., que as teño visto no propio aparello do señor cura!

Boteille un pouco de pementa, que despois daquela irritación inicial estaba empezando a divertirme co incidente funerario:

-¿E logo, cómo foi que accedesen ao enterro; digo, vostede, o cura, estes veciños...?

-¡Nin llo sei, que eu, daquela, para non velo, fun aos baños, polo IMSERSO! Estes da parroquia deron en porfiar, e..., ¡xa sabe, os curas, dun tempo a esta parte, pásanse de toleirantes!

Arrimeille outro tizón para segui-lo lerio:

-¡Xa dicía eu que hai toleiráns entre eles, e con iso de que non se casan pola Igrexa...; nin pola Igrexa nin coa Igrexa, aínda peor!

Nada, que fun a por la e saín tosquiado. O seu retruque foi maxistral, ou así mo pareceu:

-¿Vostede é xordo, ou faise? ¡Refírome á toleirancia, iso de soportar con paciencia as fraquezas e mailas debilidades do próximo, do que se aproxima! ¿Non sabe o que é; de verdade, non o sabe?

-¡Se chego a sabelo; dígamo a min! Mire, señora, daquela, en vista de tal, voume, que agora tamén sei que en Suegos teñen dous mártires; ¡dous!

-¡Non señor, un só: don José María…! Foille canonizado..., en Roma! ¿Sabíao?

-¡Se vostede o di é que só hai un, un santo para toda a parroquia, pero eu sonlle doutra opinión! Ademais, na miña terra tratámo-los santos de tu, sen importarnos a categoría que teñan, aínda que fosen de casa rica.

Deume o traseiro, sen mais, signo evidente do seu desprezo polas miñas verbas, e coa mesma, despois de garda-lo rosario no mantelo, púxose a extirpa-las herbas ao redor dunha roseira daquelas do adro.

Con esa despedida, ¡meigas fora!, funme á taberna do lugar para ver se tiñan chocolate, e tamén para preguntarlles polo paradoiro daquel cura. Do párroco non sabían cousa, pero da señora, si, que era unha pedichona, e que a trataron tan ben, tan ben, alí en Suegos, coa súa habitual nobreza, que se quedou de camareira, nun alboio abandonado, no de Lavandeira concretamente... ¿Un industrial?, preguntei. Certamente, -me responderon-, un señor moi aseñorado, que acadou o título de don naquela veciñanza porque se fixo rico, rico e famoso, na posguerra, ¡embutindo cochos da morralla!

Despois dun magnífico chocolate, ben quentiño e ben espeso, estiven a punto de botarme ao monte, a pé, por aquel camiño arriba, pero…, oíanse tantos tiros! Con aquela néboa, aquel cura de escuro, todo escuro... ¡Non souben a onde iría come-las lebres, que á reitoral non baixou, en todo o día!

Aos poucos, tiven que ir a Madrid, e mentres conducía deume tempo para todo, incluso para ir matinando na emigración galega, co longa que é, que xa parece unha maldición! Cheguei a concluír que non era para tanto, pois os xudeus tamén tiveron a súa diáspora, e iso que eran doutra terra santa!

De novo na capital, fun ao Cemiterio do Este en procura das laudas do Rodrigo, da Neves, de Herminia..., polo menos para data-lo epílogo da súa historia, que se non fose por aquilo de non levantar a destempo os panos da escena, isto iría mellor de soarego, no punto en que empecei a miña investigación; ¡dito en cursi, traballo de campo!

Resultou que hai tantas laudas nese museo fúnebre, que non din atopado o quinteiro dos meus personaxes, así que me dixen: ¡Boh; e total, para qué, cando o importante non son as datas, nin os mármores, senón a esencia, o invisible, o transmitido, o impartido, o que fixeron en vida, uns e outros, polo ben do próximo, maiormente se foi ao caladiño, neutralizando estes egos que atafegan aos humanos!

Á volta de Madrid, con estes materiais na taleiga, con esta idea, e neste ideal de darlle honras a quen as merece, púxenme a tecer. Daquela, se con tales vimbios, con estas talas de carballo, cerna pura, non saíu unha boa cesta, xa lle podedes dicir ao escribente que volva ás zocas, que esta historia rematou coa despedida terreal dos seus protagonistas, pero non pasaron, non se foron, de baleiro, que bo exemplo nos deixaron. ¡Afellas que si!
-o-

Para darlle colofón a unha historia tan extraordinaria como foi a da nosa Herminia, asunto diferente á miña historia de Herminia, que esta distinción coido que non lle pasa desapercibida ao caro lector, como en tempos se dicía, (¡xa non se di, pero segue séndoo, ao menos para min!), permítanme cambiar de pluma, deixar a miña no meu tinteiro, e acudir, en préstamo, a do noso ilustre paisano, Ramón Piñeiro, roubándolle, facendo miñas, aquelas verbas do seu Relatorio no I Congreso da Emigración Gallega, que se desenvolveu en Bos Aires en xullo do ano 1956:

O mozo emigrante resulta sendo un rebelde que enfronta a súa individualidade coa limitación do ambiente en que naceu e vive. Convértese en heroe da súa propia personalidade, xa que, desligándose do ambiente que o condiciona, recobra a súa liberdade máxima e, polo mesmo, asume plenamente a responsabilidade do seu destino. En lugar de ir arrastrado por un puro tropismo social de tipo económico, vai, audazmente, ao despregue total da súa individualidade. Moralmente, ten moito máis de heroe que de paria.

Esta singularidade moral é a que explica o fenómeno, tan acusado, da nosa emigración, da conservación de personalidade espiritual de procedencia. Se a emigración fose un simple desprazamento de natureza económica, os emigrantes irían sendo asimilados espiritualmente polo novo medio, cuxa superioridade material ten de seu unha poderosa forza asimilativa en canto que representa, psicoloxicamente, un progreso. O transo brusco, en plena mocidade, dun medio rural e tradicional a un modo urbano e supercivilizado, implica unha vivencia subxectiva de progreso de forzosas e moi profundas repercusións psíquicas. Se a personalidade do emigrante estivese só condicionada polo factor económico, este transo operaría corrosivamente sobre a personalidade espiritual anterior. Mais, en lugar de ocorrer tal cousa, o fenómenos que se dá é o inverso: o emigrado afirma, con moita máis paixón que na propia terra, a súa personalidade espiritual anterior.


¡O que non estea conforme, que se poña, ou que o demostre!

-o-


Desde Coruña,
pero co espírito sempre en Montecubeiro,
A.D. 2000,
data na que me deu o seu
nihil obstat
para abrir esta ventá
a miña dona,
Estrella Xosefina,
miña Mestra e Censora,
que me axudou a levar o xugo
da nosa, común, emigración.

Xosé María Gómez Vilabella

Perdoa, Herminia, estas indiscrecións,
pero fuches tan guapa, tan sufrida, tan boa e tan intelixente,
que non podía, non souben, deixarte no anonimato.

-oOo-


P. S. / Un bo amigo, despois de ler este relato, pasoume un correo co seguinte cadro evolutivo, pero non dou o seu nome por se non é de colleita propia:

Xosé María

¡ NO ES DIFÍCIL ENTENDER LO QUE PASO EN CUBA !

La PRIMERA NACIÓN DE IBEROAMÉRICA, incluyendo España y Portugal que tuvo el PRIMER CEMENTERIO aislado de iglesias fue CUBA en 1806.

La PRIMERA NACIÓN DE LA AMÉRICA HISPANA , ESPAÑA Y PORTUGAL que usó MAQUINAS Y BARCOS DE VAPOR fue CUBA en 1829.

La PRIMERA NACIÓN DE IBEROAMÉRICA y la TERCERA EN EL MUNDO (tras Inglaterra y E.U.) que tuvo FERROCARRIL fue Cuba en 1837.

Fue un cubano el PRIMERO QUE  APLICO ANESTESIA con éter en Iberoamérica en 1847.

En 1871 Stevan Bellan se convierte en el primer iberoamericano en jugar béisbol profesional en USA

La PRIMERA DEMOSTRACIÓN MUNDIAL de una industria movida por ELECTRICIDAD fue en la Habana en 1877.

En 1881, fue un MEDICO CUBANO, Carlos J. Finlay quien descubrió el agente transmisor de la FIEBRE AMARILLA que diezmaba a pueblos e indicó su prevención y tratamiento.

El primer SISTEMA DE ALUMBRADO ELÉCTRICO PUBLICO de toda Iberoamérica (incluyendo España) se instaló en Cuba en 1889.

Entre 1825 y 1897  España recibía de Cuba entre el 60 y el 75% de todos los ingresos brutos del exterior.

Fue Cuba la que ABOLIÓ LAS CORRIDAS DE TOROS antes de terminar el siglo XVIII, por ser "impopulares, abusivas y sanguinarias con los animales"

La extraordinaria VOZ de la soprano cubana Rosalía (Chalía) Herrera, famosa en la ópera fue la segunda en ser grabada en cilindros y placas de discos.

El PRIMER TRANVÍA que se conoció en Latinoamérica circuló en la Habana en el año 1900.

También en 1900, antes que a ningún otro país de Latinoamérica llegó a la Habana EL PRIMER AUTOMÓVIL.

Fue la escritora cubana Renée Méndez Capote la primera MUJER IBEROAMERICANA QUE MANEJÓ UN AUTO.

El PRIMER CAMPEÓN OLÍMPICO LATINO AMERICANO fue un cubano. En 1900, el ESGRIMISTA  Ramón Fonts.

La PRIMERA CIUDAD DEL MUNDO en tener  TELEFONÍA CON DISCADO DIRECTO (sin necesidad de operadora) fue LA HABANA en 1906.

En 1907 se estrenó en La Habana el PRIMER DEPARTAMENTO DE RAYOS X de Iberoamérica.

El 19 de Mayo de 1913 se realizó EL PRIMER VUELO AÉREO LATINO AMERICANO por los cubanos Agustín Parlá y Domingo Rosillo, el cual duró 2 horas y 40 minutos entre Cuba y
Cayo Hueso.

En 1915 se acuña el PRIMER PESO CUBANO con un valor desde el primer día idéntico al del dólar, en muchas ocasiones hasta 1959, sobrepasando un centavo al valor del dólar norteamericano.

El PRIMER PAÍS DE LATINO AMÉRICA en conceder el DIVORCIO a parejas en conflicto fue Cuba en 1918, al promulgar esa ley.

El primer iberoamericano en ganar un CAMPEONATO MUNDIAL DE AJEDREZ fue el cubano José Raúl Capablanca, a su vez el primer campeón mundial de ajedrez nacido en una nación sub-desarrollada. Fue GANADOR DE TODOS LOS CAMPEONATOS MUNDIALES entre 1921 y 1927.

En 1922 Cuba fue LA SEGUNDA NACIÓN DEL MUNDO en inaugurar una EMISORA DE RADIO, (La PWX) y la PRIMERA NACIÓN DEL MUNDO en radiar un CONCIERTO DE MÚSICA y en presentar un NOTICIERO RADIAL.

La primera LOCUTORA del mundo fue una cubana: Esther Perea de la Torre.

En 1928 Cuba tenía ya 61 EMISORAS DE RADIO, 43 de ellas en la Habana, ocupando el CUARTO LUGAR DEL MUNDO, superada solamente por E.U., Canadá y la Unión Soviética.   Fue Cuba , la PRIMERA EN EL MUNDO en número de emisoras por número de habitantes y extensión territorial.

La belleza de la mujer cubana hace que en el año 1933, el hijo de Alfonso XIII, el PRÍNCIPE DE ASTURIAS, Alfonso de Borbón y Battenberg, renuncie a sus derechos como sucesor del trono español para casarse con la cubana Edelmira Sampedro Robato.

En 1935 Cuba se convierte en la mayor exportadora para Iberoamérica de LIBRETOS Y GRABACIONES radiales.  Se crea por el cubano Félix B. Caignet el concepto de NOVELAS y series radiales.

En 1937 Cuba decreta por primera vez en Iberoamérica la LEY DE JORNADA LABORAL DE 8 HORAS,  el SALARIO MÍNIMO y la AUTONOMÍA UNIVERSITARIA.

En 1940, Cuba se convierte en el primer país de Iberoamérica en tener un PRESIDENTE DE LA RAZA NEGRA , electo por sufragio universal y por mayoría absoluta cuando la gran mayoría de su población era de la raza blanca.  En esto se adelantó 68 años a los E.U.

En 1940, Cuba aprobó LA MAS AVANZADA DE TODAS LAS CONSTITUCIONES DEL MUNDO de aquella época.  Fue la PRIMERA EN IBEROAMÉRICA en reconocer el VOTO A LAS MUJERES, la igualdad de derechos entre sexos y razas,  y el derecho de la mujer al trabajo. El primer movimiento feminista de Iberoamérica apareció a fines de los treinta en Cuba. Se adelantó 36 años a España la cual no le reconoció a la mujer española el derecho del voto, la potestad de sus hijos, ni derecho a pasaporte o abrir una cuenta de banco si no era autorizada por su marido, hasta 1976.

En 1942, un cubano se convierte en el primer Iberoamericano DIRECTOR MUSICAL de una productora cinematográfica mundial y el PRIMER IBEROAMERICANO QUE RECIBIÓ NOMINACIONES AL PREMIO OSCAR. Su nombre: Ernesto Lecuona.

La PRIMERA MUJER IBEROAMERICANA QUE CANTO EN LA SCALA DE MILÁN (1946) fue la cubana  Zoila Gálvez.  La segunda fue Marta Pérez en 1950.

El SEGUNDO PAÍS DEL MUNDO que emitió formalmente TELEVISIÓN fue Cuba desde 1950.  Las mayores estrellas de toda la América, que no gozaban en sus países de tal adelanto, fueron a la Habana a actuar ante las cámaras cubanas.

En 1950 un músico cubano marcó UN RECORD MUNDIAL, no igualado ni por Elvis Presley ni los Beatles.  Fue Dámaso Pérez Prado con su pieza "Patricia" (mambo) que estuvo 15 semanas consecutivas en el Hit Parade de E.U.

En 1951 un cubano se convierte en EL PRODUCTOR MAS IMPORTANTE DE LA TELEVISIÓN NORTEAMERICANA : Desi Arnaz, también el primero en el mundo en el uso de una tercera cámara en programas televisivos

EL PRIMER HOTEL DEL MUNDO CON AIRE ACONDICIONADO CENTRAL se construyó en la Habana : El Hotel Riviera, en 1951

EL PRIMER EDIFICIO DE APARTAMENTOS del mundo CONSTRUIDO CON HORMIGÓN se hizo en la Habana: (El FOCSA) en 1952.

 En el 1953 se construyeron en este edificio los más modernos ESTUDIOS DE TV del mundo de aquellos tiempos: (C.M.Q. Televisión).

En 1954, Cuba posee una vaca por cada habitante.  Ocupa el TERCER PUESTO en Iberoamérica (tras Argentina y Uruguay) en el CONSUMO DE CARNE per cápita.

En 1955, Cuba es el SEGUNDO PAÍS de Iberoamérica con menor mortalidad infantil. (33.4 por cada mil nacidos)

En 1956 la ONU reconoce a Cuba como el SEGUNDO PAÍS DE IBEROAMÉRICA con los más bajos índices de ANALFABETISMO (sólo el 23.6%). Haití tenía el 90%, España, el Salvador, Bolivia, Venezuela, Brasil, Perú, Guatemala y República Dominicana el 50%

En 1957 la ONU reconoce a Cuba como el MEJOR PAÍS DE IBEROAMÉRICA en número de médicos per cápita  (1 por cada 957 habitantes), con el mayor porcentaje de VIVIENDAS ELECTRIFICADAS DE IBEROAMÉRICA (tras Uruguay) en el CONSUMO CALÓRICO per cápita diario: (2870).

En 1957 la Habana se convierte en la SEGUNDA CIUDAD DEL MUNDO en tener cine en 3D y multipantallas (El Cine Radio centro)

En 1958 Cuba es el SEGUNDO PAÍS DEL MUNDO en difundir  TELEVISIÓN A COLOR y posee el tercer canal de TV a color de todo el mundo.

En 1958, Cuba es el país de Iberoamérica CON MAS AUTOMÓVILES  (160 mil, uno por cada 38 habitantes).  El que más electrodomésticos tenía.  El país con más kilómetros de líneas férreas por Km2, y el SEGUNDO en el número total de receptores de radio.

Durante todos los años cincuenta, Cuba tenía EL SEGUNDO Y TERCER LUGAR EN ENTRADAS PER CÁPITA de Iberoamérica, superando a Italia y más del doble de las de España. A pesar de su pequeño tamaño y que sólo tenía 6.5 millones de habitantes ocupaba en 1958 la posición 29 entre las economías mayores del mundo.

En 1959, la Habana era la ciudad del mundo con el MAYOR NÚMERO DE SALAS DE CINE: (358)  superando a Nueva York y París, que ocupaban el segundo y tercer lugar respectivamente”.

-oOo-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES